A semana pasada voltamos compartir outro momento de lectura. Deste vez lemos "Oso sonámbulo" e encantounos.
Ese oso tiña moi mal humor!
Feliz Entroido!
A continuación deixámosvos un pequeno vídeo que fixemos para celebrar o Entroido.
Clicade aquí para velo nun dos nosos blogs
Xa estamos a piques de que chegue o Entroido e dende o CEIP de Tabeaio imos realizar ao longo da semana que vén (do 5 ao 9 de febreiro) os Mandadiños da festa, que foron ideados polo alumnado de Primaria.
O luns 26 de febreiro de 16:30 a 17:30 horas terá lugar unha Xornada de Portas Abertas para quen queira vir coñecer o noso centro.
Pregámosvos que confirmedes asistencia a través do noso enderezo electrónico: ceip.tabeaio@edu.xunta.gal
O Decreto 13/2022, do 3 de febreiro e a Orde do 21 de outubro de 2022 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, regulan o procedemento para a admisión e matriculación do alumnado nos centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, primaria, educación secundaria obligatoria e bacharelato.
RESERVA DE PRAZA:
Para o alumnado que en 3º de Educación Primaria desexa continuar estudos no centro de adscrición (CEIP Vicente Otero Valcárcel).
O prazo de presentación de solicitudes é do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro.
Acaba de rematar o Nadal e xa estamos pensando na próxima festa!
O Entroido é a seguinte parada e este ano, tendo en conta a temática do proxecto Voz Natura "Flora e fauna autóctonos", imos ir disfrazados de polbo.
A continuación tedes unha breve infografía sobre como podedes facer o voso desfrace.
Estamos desexando ver as vosas creacións. Estamos seguras de que seredes moi, pero que moi orixinais!
Se clicades aquí podedes ver a imaxe con mellor calidade.
Continuamos coa conmemoriación do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Hoxe facendo unha actividade conxunta. Os maiores axudamos aos pequenos a escribir nun lazo violeta palabras contra a violencia.
Ao longo desta semana conmemoraremos o 25N, Día internacional contra a Violencia de Xénero. Ademais das actividades que levemos a cabo no centro queremos contar coa vosa colaboración para elaborar unha nube de palabras contra todo tipo de violencia.
Só tedes que ingresar no seguinte enlace e introducir ata 3 palabras (non é obligatorio introducir 3, podedes poñer 1 ou 2).
Ao finalizar esta semana compartiremos o resultado a través da web.
Animádevos!
O martes desfrutamos dunha gran festa a cargo da ANPA "Os rapaciños".
Comemos castañas, desfilamos, comemos larpeiradas, tivemos un concurso de cabazas e desfrutamos dun contacontos!
Velaquí podedes ver o ben que o pasamos.
Taller de primeiros auxilios
O venres, como anos pasados, levamos a cabo un taller de primeiros auxilios a cargo de dúas mamás do cole (María e Lucía).
Tamén aprendemos a canción da reanimación.
Gracias, María e Lucía!