O curso escolar comeza o mércores 11 de setembro de 2024 no horario habitual, agás para o alumnado de nova incorporación de educación infantil, que seguirá o horario do período de adaptación, sempre que sexa posible.
As reunións previstas durante o mes de setembro son:
-Reunión grupal educación infantil: luns 16 de setembro ás 16:00 horas.
-Reunión grupal educación primaria: luns 16 de setembro ás 17:00 horas.
A continuación podedes consultar as listaxes de libros de texto e materiais para o curso 2024-2025.
En Educación Infantil e 1º de Educación Primaria non hai libros de texto.
Libros de texto Educación Primaria
Listaxe material Educación Primaria
Listaxe material Educación Infantil
Do 3 ao 7 de xuño contaremos cun Punto Limpo Móbil no noso centro, onde poderedes depositar os seguintes residuos: lámpadas, pilas, CD/DVD, aerosois, baterías, botes de pintura e pequenos aparatos electrónicos.
A súa ubicación será no patio traseiro da escola.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) ven de publicar a ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25.
Información axudas libros de texto 2024-2025
Xa está aberto o prazo para solicitar as becas e axudas para alumnos con necesidad específica de apoio educativo.
Toda a información pode consultarse a través da seguinte ligazón.
O prazo é do 30 de abril ao 13 de setembro de 2024.
Hoxe, 6 de maio, xa se poden consultar as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos para o próximo curso 2024-2025 no taboleiro da biblioteca do centro.
Queda gardada na secretaría do centro unha listaxe definitiva coa puntuación obtida desagregada por criterios do baremo para a consulta por parte das persoas interesadas no proceso de admisión, tras sinatura dun documento de confidencialidade.
Contra a relación definitiva de admitidos poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Xefatura Territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte a publicación.
Todo o alumnado admitido para o próximo curso próximo, 2024-2025, debe formalizar a súa matricula cubrindo a documentación que se facilitará no centro, do 20 ao 30 de xuño.Hoxe, 15 de abril, xa se poden consultar as listaxes provisionais de admitidos e non admitidos para o próximo curso 2024-2025 no taboleiro da biblioteca do centro.
Queda gardada na secretaría do centro unha listaxe provisional coa puntuación obtida desagregada por criterios do baremos para a consulta por parte das persoas interesadas no proceso de admisión, tras sinatura dun documento de confidencialidade.
Poderánse formular reclamacións ante o Consello Escolar do centro no prazo de 5 días hábiles a partir do día seguinte á publicación da listaxe.
Dada a insuficiencia de postos escolares dispoñibles para atender todas as solicitudes de admisión presentadas para 4º de Educación Infantil para o curso 2024/2025 e de conformidade co disposto no artigo 30.2 da Orde de 21 de outubro de 2022, ábrese un prazo de 10 días hábiles, ata o 5 de abril, para a presentación, de forma presencial, da documentación xustificativa dos criterios do baremo alegados para realizar a valoración e establecer a orde de prelación das solicitudes que se relacionan.
Así mesmo, sinálase para esta solicitudes o número aleatorio que lles corresponde para poder aplicar, de ser o caso, o criterio de desempate regulado no artigo 34,2 da devandita orde. Pódese consultar o devandito número na secretaría do centro ou no taboleiro de anuncios da biblioteca.
NÚMERO DE VACANTES DO CENTRO:
-2º ciclo de Educación Infantil: 1 vacantes.
-1ºe 2º de Educación Primaria: 5 vacantes.
*Para escolarizar alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, reservaranse 3 postos escolares en 1º de Educación Primaria.
No momento da solicitude deberán xustificar coa documentación pertinente a situación de alumnado con necesidades específicas de apoio.
As prazas reservadas non adxudicadas a este alumnado asignaranse conforme o proceso ordinario.
ÁREA DE INFLUENZA DO CENTRO: