O Diario Oficial de Galicia (DOG) ven de publicar a ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) ven de publicar a ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23.
TODA A INFORMACIÓN DETALLADA EN: AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO CURSO 2022-2023
BREVE RESUMO:
A Consellería de Educación ven de publicar a 'ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria en centros docentes públicos dependentes desta consellería no curso 2021/22'.
O alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material non terá que presentar a solicitude, se lles concederá automáticamente.
Para o resto do alumnado, o prazo de solicitude é ata o 26 de novembro.
Toda a información a tedes no seguinte enlace:
http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0598-081121-0001_gl.pdf
A solicitude será presencial no centro cubrindo o anexo I do anterior enlace ou co formulario na sede electrónica da Xunta de Galicia: http://www.sede.xunta.gal
O Diario Oficial de Galicia (DOG) ven de publicar a ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/22.
DESTINATARIOS:
Axudas para adquirir libros de texto: ALUMNADO DE 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Axudas para adquirir material escolar: ALUMNADO DE 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Bo día familias!
A Consellería de Educación ven de publicar a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).
ALUMNADO DESTINATARIO:
Alumnado matriculado en Educación Primaria (non para Educación Infantil)
Publícase a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2020/2021.
Para acceder á mesma, prema na imaxe.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) ven de publicar a ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21.
DESTINATARIOS:
Axudas para adquirir libros de texto: ALUMNADO DE 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Axudas para adquirir material escolar: ALUMNADO DE 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
FORMA DE PRESENTACIÓN:
Pódese cubrir na aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), despois de cuberta deberá gardala e optar por unha destas formas de presentar:
- Presencial: No CEIP de Tabeaio en horario de 10h a 13h. Hai que imprimir a solicitude e o anexo II e presentalos debidamente asinados, xunto coa documentación.
- Vía telemática: Presentala na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
Segundo a Orde do 3 de maio de 2019, xa está aberto o prazo para solicitar axudas para adquirir libros de texto e material escolar ata o 21 de xuño de 2019.
Toda a información relativa a este proceso, así como os anexos de solicitude poden descargarse a través do seguintes enlaces:
A solicitude pode entregarse no centro, cubrirse a través da aplicación Fondolibros e despois entregala no centro, ou presentala telemáticamente na Sede Electrónica da Xunta de Galicia a través da aplicación anteriormente citada.
Aquí podedes descargar o listado de libros de texto para o vindeiro curso.
En Educación Infantil non hai.