O Diario Oficial de Galicia (DOG) ven de publicar a ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24.
Estimadas familias:
Informamos que todas as solicitudes presentadas (tanto en infantil como primaria) resultaron admitidas ao non haber máis solicitudes que prazas.
Publicarase a listaxe provisional o 25 de abril que poderá consultarse no centro e telematicamente, a través da aplicación admisiónalumnado.
Publicarase a listaxe definitiva o 15 de maio que poderá consultarse no centro e telematicamente, a través da aplicación admisiónalumnado.
Prazo de matrícula do 20 ao 30 de xuño.
*Colgaremos máis información ao respecto no mes de xuño.
Tal e como se recolle no artigo 5 da Orde de 21 de outubro de 2022 que regula a admisión de alumnos/as, a admisión e a matriculación nun centro docente público ou privado concertado implicarán respectar o proxecto educativo e o carácter propio do centro privado concertado, se o tivese.
O período para presentar solicitude de admisión en centros docentes sostidos con fondos públicos abranguerá dende o día 1 ata o 20 de marzo. Para obter máis información sobre o proceso e o centro terán poden asistir á Xornada de Portas Abertas que terá lugar o luns 6 de marzo ás 17:00 horas.
-Calendario, prazas, áreas de influenza e normas do proceso.
-A solicitude realizarase, preferentemente, por vía telemática, a través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado
-Impreso para a solicitude de admisión.
-Entrega de solicitudes, pedir cita previa a través do seguinte email: ceip.tabeaio@edu.xunta.gal
LEXISLACIÓN APLICABLE:
O luns 6 de marzo de 17:00 a 18:00 horas terá unha Xornada de Portas Abertas para que queira vir a coñecer o noso centro.
O Decreto 13/2022, do 3 de febreiro e a Orde do 21 de outubro de 2022 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, regulan o procedemento para a admisión e matriculación do alumnado nos centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, primaria, educación secundaria obligatoria e bacharelato.
RESERVA DE PRAZA:
Estimadas familias!
Trala constitución hoxe da Xunta Electoral, dende o xoves 10 de novembro ás 9:00 horas ábrese o prazo para a presentación de candidaturas e a consulta do censo electoral que estará dispoñible no centro. Tamén as posibles reclamacións ao censo de existiren algún erro.
O prazo de presentación de candidaturas e reclamacións ao censo rematará o vindeiro xoves 17 de novembro ás 9:00 horas.
Horario de Educación Infantil
Para descargar o horario de Educación Infantil pulsa aquí.
Horario de Educación Primaria
Para descargar o horario de Educación Primaria pulsa aquí.