Para dar a coñecer as modificacións que poremos en marcha na escola co inicio de curso e para explicar o desenvolvemento do plan de actuación por mor da COVID-19, este vindeiro luns 14 de setembro levaremos a cabo reunións por nivel con diferentes grupos familias en diferentes horarios:
Estas reunións terán lugar nas aulas de Infantil e Primaria baixo as seguintes normas de seguridade:
- Un único asistente por alumno/a.
- Separación entre cadeiras dun mínimo de 1,5m.
- Obrigatorio o uso de máscara entre os asistentes.
- Entre reunións haberá entre 10’- 15’ de separación, tempo no que se ventilará a aula e realizaranse labores de limpeza nas cadeiras empregadas.
Calqueira dúbida ou consulta podedes enviar un correo electrónico a ceip.tabeaio@edu.xunta.gal
Ola familias!
Tedes adxunto abaixo o 'Programa de Acollida' aprobado esta mañá no Consello Escolar. Inclue todalas medidas que vai adoptar o centro para a súa reapertura por mor dos efectos da Covid-19: Organización e horario de accesos, reunión coas familia; actuación relativas a prevención, hixiene e protección; medidas para a mellora da competencia dixital e emocional dos nenos.
Calqueira dúbida ou consulta recordade que tedes o correo electrónico do centro: ceip.tabeaio@edu.xunta.gal
Moito ánimo!
Ola familias!
Tedes abaixo nun adxunto a circular de principio de curso con algunha das novidades nas normas, organización e horario de entradas e saídas ao centro escolar.
Unha aperta!
Bo día,
Achégase o modelo de declaración responsable para as familias por mor da Covid-19 para o curso 2020/2021. Tedes na web da Consellería toda a información que precisedes. Para acceder pinchade na imaxe:
Tamén achéganse as autorizacións de uso da imaxe persoal e saídas escolares.
Sempre que vos sexa posible, e para evitar a manipulación innecesaria de documentos, é recomendable que os imprimades e os traiades asinados ao centro.
Ola familias,
O periodo de adaptación dos nenos/as de 3 anos comezará o vindeiro venres 11 de setembro e abarcará todo o mes de setembro. Nun adxunto tedes un PDF con toda a información detallada.
Unha aperta e moito ánimo!
Ola familias!
Achégase o listado de material para as aulas de Infantil e Primaria para o vindeiro curso 2020/2021. Podédelo descargar nos adxuntos.
A entrega do material realizarase, para evitar aglomeracións un día de escola, o mércores 9 de setembro de 10 a 14h. Deberá vir todo nunha bolsa co nome do neno/a.
Moito ánimo e unha aperta!
Ola familias!
Hoxe é o derradeiro día de escola deste curso 2019/2020, tan accidentado pola COVID-19. Xa tedes a vosa disposición na aplicación abalarMóbil as cualificación finais dos nenos.
Sen festa de fin de curso, sen despedida para os rapaces/as de 2º de Primaria... deixámosvos este vídeo resumo con algunhas das cousas que fixemos este ano. Bo verán para todos! Vémonos en setembro!
A continuación detállase a DOCUMENTACIÓN NECESARIA para a formalización de la MATRÍCULA opara o alumnado de 3 ANOS ou de NOVA INCORPORACIÓN:
Impreso de formalización de matrícula onde se recolle tamén a manifestación expresa de que o pai/nai ou titor/a legal da vontade de que o alumno/a reciba ou non ensinanzas de relixión. Este impreso pode cubrilo no centro ou descargalo aqui, cubrilo e presentalo no centro.
Fotocopia da tarxeta sanitaria.
Informe médico ou fotocopia do calendario das vacinas correspondentes por idade.
Seguindo instruccións da Consellería de Educación, este curso NON podemos publicar as listaxes na web do centro por mor da Lei de protección de datos.
Podedes consultalas:
PRESENCIALMENTE: Acudindo ao colexio, as tedes no taboleiro, al lado da aula de Primaria. Sempre haberá alguén entre as 10:30h e as a 13:30h.
Publícase a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2020/2021.
Para acceder á mesma, prema na imaxe.