Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Articles

ESTACIÓNS DE MEDIDAS MATEMÁTICAS: 3º de primaria

O alumnado de 3º de primaria traballa coas medidas matemáticas: gramos/quilogramos, centímetros/metros...

PROGRAMA 6 EN RADIO TREBOADA: COÑECENDO A JACOB

Programa no que charlamos coa teacher Lucía e con Jacob, o noso auxiliar de conversa de orixe armenio, procedente de California.

Preme na seguinte URL para escoitar o programa:

https://go.ivoox.com/rf/128411628

 

MAQUETAS CIRCUITOS ELÉCTRICOS: 6º A de primaria

O alumnado de 6º A constrúe maquetas empregando os seus coñecementos sobre os circuitos eléctricos. 

Preme nas imaxes para ver os seus traballos.

DÍA SOBRE RODAS 2024

O día sobre rodas é unha das actividades que máis gusta ao noso alumnado.

O alumnado de infantil e ata 3º de primaria tiveron unha xincana do pavillón; mentres que de 4º a 6º de primaria tiñan saída que dependendo do seu vehículo podía ser polo Porto de A Guarda ou ata a Praia do Muiño.

Nestes vídeos podedes ver o ben que o pasamos.

 XINCANA DE INFANTIL

 

 

XINCANA DE 1º E 2º PRIMARIA

 

 

XINCANA DE 3º PRIMARIA

 

 

SAÍDA POLO PORTO DE A GUARDA EN PATINETE: 4º A 6º PRIMARIA

 

 

SAÍDA POLA SENDA LITORAL EN BICICLETA: 4º A 6º PRIMARIA

A MATERIA E AS SÚAS PROPIEDADES: 3º de primaria.

O alumnado de 3º primaria traballa a materia e as súas propiedades.

 

EXPERIMENTO COMO INFLAR GLOBO CON VINAGRE E BICARBONATO: 2º primaria

O alumnado de 2º primaria na súa hora de ciencias da natureza fai o experimento de inflar un globo con vinagre e bicarbonato.

 Preme nas imaxes para ver o experimento.

 

EXPERIMENTO INFLAR GLOBO CON VINAGRE E BICARBONATO: 2º primaria

O alumnado de 2º de primaria na clase de ciencias naturais fai o experimento: inflar un globo con vinagre e bicarbonato.

Preme nas imaxes para ver o proceso.

CADERNO DE ARTE DO ALUMNADO DE 4 ANOS.

O alumnado de 4 anos leva todo o curso traballando diferentes pintores; Picasso, Keith Haring, Salvador Dalí, Van Gogh...

Aquí podedes ver as versións que fixeron de cadros famosos.

CORRENTE ELÉCTRICA: 6º de primaria

O alumnado de 6º de primaria aprende os compoñentes e a construir un circuito eléctrico.

Un circuito eléctrico é un conxunto de elementos conectados entre si que permiten xerar corrente eléctrica, transportala e utilizala para transformar a electricidade noutro tipo de enerxía.

Empregamos xogos educativos de kits de electrónica con circuitos e con proxectos de electricidade con interruptores, conectores que producen sons, lampadas e alarmas.

Un dos xogos é de enerxías renovables que permite crear o teu propio xerador de enerxía manual, eólica, interruptores LED e lampadas, anemómetro...

Ademáis cada neno e nena tivo que construir o seu propio circuito eléctrico.



by Dr. Radut