Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Articles

PRIMEIRAS MÁQUINAS CON LEGO EDUCATION

O alumnado de 5º de educación primaria traballou con engranaxes facendo unha buxaina, un debuxo máxico e unha troqueladora, co kit de máquinas simples de LEGO Education.

Preme nas imaxes para ver o vídeo.

DESPEDIDA DE DORI. AUXILIAR DE CONVERSA 2022-2023

Grazas por acompañarnos este ano Dori.

Volve cando queiras.

Foi un pracer compartir este curso contigo.Risa

EXPERIMENTOS EN CIENCIAS NO MES DE ABRIL 2023

O alumnado de 5º e 6º de primaria tivo unhas sesións de experimentos durante este mes:

  • O alumnado de 5º de primaria estivo traballando co tema da materia e enerxía : as súas propiedades xerais (masa e volume) e as específicas (densidade, flotabilidade, dureza...) e a súa clasificación segundo o tipo de materia.
  • O alumnado de 6º de primaria estivo co tema da electricidade e magnetismo: electricidade estática, circuitos eléctricos...

Preme nos seguintes apartados e bota unha ollada ao ben que o pasamos.

Propiedades Xerais da materia:

masa e o volume

Separación de mesturas: métodos

   

Electricidade estática

Circuitos eléctricos

 

DÍA SOBRE RODAS 2023

O 19 de abril rendimos homenaxe a este vehículo de dúas rodas, ecolóxico e económico.

Tivemos diferentes actividades:

  • Infantil e de 1º a 3º de primaria fixeron unha xincana; un percorrido polo pavillón con diferentes obstáculos e probas variadas.
  • O alumnado de 4º a 6º de primaria fixeron unha saída sobre rodas: os patinetes polo porto de A Guarda e as bicicletas ata a Praia de O Muiño.

Preme nas fotos para ver o vídeo.

XINCANA POLO PAVILLÓN     SAÍDA SOBRE RODAS
            

 

EASTER EGGS HUNT 2023

Outro ano máis tivemos a búsqueda de ovos de Pascua.

 

 

HERDANZA XENÉTICA DO ALUMNADO DE 6º PRIMARIA

A herdanza xenética dun ser humano son rasgos ou características que se transmiten de pais/nais a fillos/as. O material xenético atópase en cada unha das nosas células. As células sexuais permiten que cando se fecunde o óvulo ambos proxenitores aporten ao feto a metade do seu material xenético, así o fillo/a terá características de ambolos dous.

Os membros dunha mesma familia tenden a ter caracteristicas semellantes: cada alumno/a tivo que atopar as súas: investigaronor rasgos físicos ou rasgos de carácter tes cos teus proxenitores.

 

SAINT PATRICK´S DAY 2023

PROGRAMA XOGADE: CICLISMO.

XOGADE é unha campaña lúdico deportiva promovida pola Xunta de Galicia para fomentar o deporte educativo e saudable aos nosos escolares.

Este ano, os nenos e nenas de 5º de primaria tiveron unha sesión de ciclismo no colexio.

PISCINA 2023

Nesta semana, o alumnado de 5º e 6º de Primaria dos colexios públicos de A Guarda, comezaron esta actividade promovida polo Concello de A Guarda.

É unha actividade que farán durante os meses de marzo, abril e maio.

A piscina e é parte do contido da materia de Educación Física.

 

ACTIVIDADES DE CIENCIAS DO ALUMNADO DE 6º PRIMARIA.

O alumnado de 6º de educación primaria tivo as seguintes experiencias de ciencias esta semana:

COMO ESTÁ O NOSO CORPO? Medimos:

  • O noso nivel de osíxeno en sangue: Pulsiómetro
  • Tensión arterial: tensiómetro.
  • Agudeza visual: Test de Snellen, Test de Landolt eTest de contraste.
  •  Capacidade pulmonar: espirómetro.
  • Latexos do corazón: estetoscopio-fonendoscopio. 

Ademáis, xunto ao alumnado de 4 anos, tivemos unha actividade co microoscopio.

Os profes Yolanda e Jorge; "aprendemos a observar o sangue".

 

Preme na fotografía para ver como traballamos con instrumentos médicos.

Preme na fotografía para ver esta actividade colaborativa.

 
                  

 CICLO MESTRUAL

 Dentro do tema da "Reprodución Humana", o alumnado coñece e experimenta con diferentes produtos de hixiene femenina.



by Dr. Radut