Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2024

PERCORRENDO A VILA DE A GUARDA

CON LUÍSA VILLALTA; LETRAS GALEGAS 2024.

Este ano a homenaxeada no día das letras galegas é a escritora, filósofa e violinista, Luísa Villalta.

Para festexar este día, o alumnado do CEIP Manuel Rodríguez SindeCEIP Plurilingüe As Solanas e o CEIP A Sangriña, realizaremos un percorrido polas rúas da Vila para divulgar a súa poesía e biografía, actividade organizada polo  Equipo de dinamización da lingua.

Estes serán os horarios e os lugares da Vila onde nos poderedes atopar. Encantaranos que nos veñades ver:

DÍA

ALUMNADO HORARIO LUGAR DO RECITAL

LUNS

13 DE MAIO

4 ANOS+ 6ºB 10.40-11:30 PRAZA AVELINO VICENTE
1º PRIM.+3ºPRIM. PRAZA DE ABASTOS
   

MARTES

14 DE MAIO

5 ANOS+5ºPRIM. 12:00-13:10 PRAZA DO RELÓ
2ºPRIM.+6ºA PRAZA AVELINO VICENTE
   

XOVES

16 DE MAIO

3ANOS+4ºPRIM. 09:50-10:40

PRAZA AVELINO VICENTE+

PRAZA DE ABASTOS

SEMANA STEAM 2024

PLANTACIÓN DE FLORES: 2º primaria

UNHA APARICIÓN...: 1ºprimaria

PATIOS DINÁMICOS: MAIO 2024.

Na hora do recreo xogamos a... cambio de conos, relevos, golf hockey, petanca...

 Preme nas imaxes para ver o ben que o pasamos.

FESTEXAMOS OS ANIVERSARIOS DE MARZO E ABRIL EN BIBLIOSOLANAS

BiblioSolanas festexa os aniversarios dos meses de marzo e abril.

O alumnado axudante de biblioteca fai entrega dun agasallo aos nenos e nenas que cumpriron anos.

O agasallo é un xogo "cruz ou raia" segundo o PDI deste ano "Un lío de Xogos".

CHARLAS SOBRE NOVAS ADICCIÓNS. PLAN DIRECTOR: 3º ciclo

O alumnado de 5º e 6º de primaria tivo unha charla informativa/formativa sobre novas adiccións dunha axente experta das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Esta charla pertence ao Plan Director que é un programa para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos.

ESTACIÓNS DE MEDIDAS MATEMÁTICAS: 3º de primaria

O alumnado de 3º de primaria traballa coas medidas matemáticas: gramos/quilogramos, centrímetros/metros...

PROGRAMA 6 EN RADIO TREBOADA: COÑECENDO A JACOB

Programa no que charlamos coa teacher Lucía e con Jacob, o noso auxiliar de conversa de orixe armenio, procedente de California.

Preme na seguinte URL para escoitar o programa:

https://go.ivoox.com/rf/128411628

 

DÍA DA NAI

O alumnado de 5º de educación infantil desexavos un bo Día da nai.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut