Iniciar sesión: Acceso

Últimas novas

ORIENTACIÓNS PARA O TERCEIRO TRIMESTRE

Orientacións provisionais para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/2020 (á espera das instrucións da Consellería de Educación que determine o desenvolvemento académico deste terceiro trimestre do curso 2019/2020).

(VER DOCUMENTO ADXUNTO)

 

En tanto non se publique a correspondente norma cremos oportuno (posto que levamos xa 15 días de trimestre) dar unha resposta única e axeitada ao noso alumnado e ás súas familias para a terceira avaliación.

 

Dende o centro, estamos a facer un gran esforzo para poñer a punto este novo sistema, adaptándonos aos medios e recursos cos que contamos.

 

Tamén temos que ter en conta as diversas circunstancias de organización familiar, así como a diferente disposición de medios dixitais cos que contan as familias.

Pedímosvos tranquilidade e paciencia, cada familia deberá organizarse segundo as súas condicións (horarios, disposición de medios, intensidade de traballo...)

 

Seguimos a vosa disposición, para calquera cousa que precisedes e na que vos poidamos axudar, no correo: ceip.seixo@edu.xunta.gal e nos teléfonos: 886 15 13 50 --- 69610 70 27

 

A dirección e o Claustro de mestres/as

 

AVISO IMPORTANTE

Estimadas familias:

Primeiramente queremos tranquilizarvos ante un escenario diferente, tanto para vós como familias, como para todos/as os docentes. É unha realidade que tocounos vivir, difícil e triste para moitos.

Estamos á espera das instrucións da Consellería de Educación así como a Orde Ministerial que determine o desenvolvemento académico deste terceiro trimestre.

Manterémosvos informados das novidades que marquen e enviaremos información sobre como se vai levar a cabo concretamente no noso centro a través do blog, páxina web e AbalarMóbil.

Ata que ese momento chegue non publicaremos novos Boletíns de Actividades. É un bo momento para visitar outros Boletíns de Actividades xa publicados e seguir reforzando o traballado nas aulas coas tarefas de reforzo que xa se presentaron e aínda están por facer.

Continuamos a disposición no correo:ceip.seixo@edu.xunta.es. e nos telefonos: 886151350 - 886151349 - 696107027

 

A dirección e o Claustro de mestres/as

PUBLICADOS OS BOLETÍNS DE ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 14-4-2020 AO 19-4-2020

Hoxe, martes 14 de abril, como todos e todas sabedes comeza a 3ª Avaliación. Todo o claustro de mestres/as do cole desexa que vos atopedes ben de saúde e con moito ánimo para afrontar este novo trimestre.

Ao longo desta semana seguiremos traballando a través dos Boletíns de actividades publicados no Blog da Biblioteca e nesta páxina web. 

Picando na seguinte imaxe atoparades as actividades desta semana...

No enlace atoparades todo o material dividido en catro grandes grupos:

EDUCACIÓN INFANTIL

1º, 2º, 3º DE PRIMARIA

4º, 5º, 6º DE PRIMARIA

ESPECIALIDADES

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Como poderedes ver, en cada unha das entradas publicadas aparecen as direccións de correo electrónico de cada un dos profes. Non dubidedes en consultar aquilo que necesitedes ou non entendades.

Tal como dictaminaron as instruccións da Xunta de Galicia (Educación) é o medio que habilitou o noso cole para poder establecer as consultas que se precisen e manter unha comunicación de xeito telemático con cada un e unha de vós.

Lembrade que o horario establecido é o do horario lectivo habitual: de luns a venres de 09:30 h a 14:30h.

E se queredes estar informados á última de todo o que acontece no noso cole só tendes que picar na seguinte imaxe e seguir o noso blog...

AS PEGADAS DE ARNALDO

NOTA INFORMATIVA

Estimadas familias:

 Hoxe, martes 14 de  abril , como todos e todas sabedes comeza a 3ª Avaliación. Todo o claustro de mestres/as do colexio desexa que vos atoedes ben de saúde e con moito ánimo para afrontar este novo trimestre.

 Ao longo desta semana seguiremos traballando a través dos Boletíns de actividades publicados no Blog da Biblioteca e na páxina Web do centro.

 Estamos á espera das instrucións da Consellería de Educación que marcarán as directrices de traballo neste último período de curso.

 Somos conscientes que non todos partides das mesmas condicións e posibilidades de traballo dende casa. Tamén das limitacións dixitais de moitos de vós.

Por iso, pedimos tranquilidade e adaptación ao ritmo que sexa posible. Nós intentaremos atender aos diferentes niveis de traballo.

 Para calquera dúbida ou aclaración estamos dispoñibles a través dos teléfonos do cole: 886 151 350 -   696 107 027 ou no mail: ceip.seixo@edu.xunta.gal

 

Un saúdo e moita saúde

Equipo directivo

FELICES VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Hoxe comezan as vacacións de Semana Santa que rematan o 13 de abril (incluído).

Estes días non ides ter propostas de traballo. 

 

Podedes ler, escribir (contos, poemas, cartas, diario...) pintar, cociñar, cantar, bailar, xogar, descansar... o que vos apeteza!!! 

 

Pero se algún día vos aburrides moito, aquí vos deixamos unhas propostas de actividades moi moi chulis!

Só tendes que picar na seguinte imaxe...

Gozade das vacacións! 

Moito ánimo! Biquiños e apertas!

INSTRUCCIÓNS 2ª AVALIACIÓN

Dadas as novas instrucións por parte da Consellería, remitimos a seguinte información:

  •  A 2ª Avaliación dáse por pechada o venres 13 de marzo, data na que se declarou o estado de alarma.
  • As notas publicaranse o día 3 de abril, ás 12:00h. a través da aplicación Abalar Móbil. No seguinte enlace tedes aceso á descarga da mesma: AbalarMóbil. Se algunha familia tivese problemas pode poñerse en contacto a través do correo do centro ceip.seixo@edu.xunta.es ou do correo da titora correspondente.
  • Respétase o período vacacional de Semana Santa do 4 ao 13 de abril, ámbolos dous incluídos, seguindo o calendario escolar.

Á volta das vacacións, no terceiro trimestre, de continuar con esta situación o traballo seguirase a desenvolver a través dos Boletíns de actividades publicadas no blogue "As pegadas de Arnaldo"  e a páxina web do CEIP SEIXO seguirá actualizando a información oficial da Consellería.

ABALAR MÓBIL

Estimadas familias:

Moit@s de vós xa tedes instalada a aplicación ABALARMÓBIL nos vosos teléfonos. Aos que aínda non a tendes, convidámosvos a que a descarguedes, é moi sinxelo e é GRATUÍTA.

Para poder acceder ao datos dos vosos fill@s tedes que ter os números de teléfono actualizados.

Se tedes algunha dificultade para descargar dita aplicación poñédevos en contacto con nós a través do teléfono ou do correo electrónico.

Iremos enviando diversos avisos por medio desta plataforma, por iso queremos pedirvos ás familias que aínda non os fixéstedes que descarguedes dita aplicación.

INSTRUCCIÓNS

Para máis información podedes mirar o seguinte vídeo...

Ou consultar os seguintes documentos adxuntos...

PUBLICADOS OS BOLETÍNS DE ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 30-3-2020 AO 05-4-2020

Seguindo as instruccións dictadas pola Consellería de Educación, os profes do cole estiveron elaborando propostas de actividades para que todos os nenos e nenas poidades continuar co proceso educativo nos vosos domicilios.

Picando na seguinte imaxe atoparades uns boletíns de actividades que se irán actualizando semana a semana para que teñades diferentes ideas, actividades e recursos para traballar nas casas.

No enlace atoparades todo o material dividido en catro grandes grupos:

EDUCACIÓN INFANTIL

1º, 2º, 3º DE PRIMARIA

4º, 5º, 6º DE PRIMARIA

 - ESPECIALIDADES

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Como poderedes ver, en cada unha das entradas publicadas aparecen as direccións de correo electrónico de cada un dos profes. Non dubidedes en consultar aquilo que necesitedes ou non entendades.

Tal como dictaminaron as instruccións da Xunta de Galicia (Educación) é o medio que habilitou o noso cole para poder establecer as consultas que se precisen e manter unha comunicación de xeito telemático con cada un e unha de vós.

Lembrade que o horario establecido é o do horario lectivo habitual: de luns a venres de 09:30 h a 14:30h.

PUBLICADOS OS BOLETÍNS DE ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 23-3-2020 AO 29-3-2020

Seguindo as instruccións dictadas pola Consellería de Educación, os profes do cole estiveron elaborando propostas de actividades para que todos os nenos e nenas poidades continuar co proceso educativo nos vosos domicilios.

Picando na seguinte imaxe atoparades uns boletíns de actividades que se irán actualizando semana a semana para que teñades diferentes ideas, actividades e recursos para traballar nas casas.

No enlace atoparades todo o material dividido en catro grandes grupos...

- EDUCACIÓN INFANTIL

1º, 2º, 3º DE PRIMARIA

4º, 5º, 6º DE PRIMARIA

 - ESPECIALIDADES

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Como poderedes ver, en cada unha das entradas publicadas aparecen as direccións de correo electrónico de cada un dos profes. Non dubidedes en consultar aquilo que necesitedes ou non entendades.

Tal como dictaminaron as instruccións da Xunta de Galicia (Educación) é o medio que habilitou o noso cole para poder establecer as consultas que se precisen e manter unha comunicación de xeito telemático con cada un e unha de vós.

Lembrade que o horario establecido é o do horario lectivo habitual: de luns a venres de 09:30 h a 14:30h.

PUBLICADOS OS BOLETÍNS DE ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 16-3-2020 AO 22-3-2020

Seguindo as instruccións dictadas pola Consellería de Educación, os profes do cole estiveron elaborando propostas de actividades para que todos os nenos e nenas poidades continuar co proceso educativo nos vosos domicilios.

Picando na seguinte imaxe atoparades uns boletíns de actividades que se irán actualizando semana a semana para que teñades diferentes ideas, actividades e recursos para traballar nas casas.

No enlace atoparades todo o material dividido en catro grandes grupos...

- EDUCACIÓN INFANTIL

- 1º, 2º, 3º DE PRIMARIA

- 4º, 5º, 6º DE PRIMARIA

- ESPECIALIDADES

- DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

 

Como poderedes ver, en cada unha das entradas publicadas aparecen as direccións de correo electrónico de cada un dos profes. Non dubidedes en consultar aquilo que necesitedes ou non entendades.

Tal como dictaminaron as instruccións da Xunta de Galicia (Educación) é o medio que habilitou o noso cole para poder establecer as consultas que se precisen e manter unha comunicación de xeito telemático con cada un e unha de vós.

Lembrade que o horario establecido é o do horario lectivo habitual: de luns a venres de 09:30 h a 14:30h.

Distribuir contido

PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Punto Laranxa contra o acoso escolar

BLOG: "AS PEGADAS DE ARNALDO"

PLAMBE

RADIO NA BIBLIO

BIBLIOTECA CREATIVA

CONTRATOS PROGRAMA

PROGRAMA EDUCA EN DIXITAL