Iniciar sesión: Acceso

Historia

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021-2022

O prazo para a presentación de solicitudes de admisión de alumnado novo para o curso 2021/2022 será do 1 ao 20 de marzo, segundo a Orde do 18 de decembro de 2020

A documentación necesaria é a seguinte:

  • Solicitude modelo: ED550B (VER ARQUIVO ADXUNTO)

  • DNI do alumno/a ou libro de familia

  • DNI dos pais

  • Resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso.

  • Certificado de matrícula (alumnado que ven doutro centro)

As solicitudes poderán ser presentadas a través da SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA ou no propio centro, ao que se deberá chamar con antelación para reservar cita.

CEIP SEIXO

TFNOS: 886 151 350 ou 886 151 349

Para máis información lexislativa relacionada con este proceso podedes picar no seguinte enlace: AXUDA

(PICANDO NA IMAXE TEREDES MÁIS INFORMACIÓN)

RESERVA DE PRAZA PARA O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

Atendendo ao disposto na Orde do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación; A Dirección do CEIP de Seixo quere informarlles que:

- Ábrese o prazo de reserva de praza para aquel alumnado que desexe continuar estudos no IES Chan do Monte, centro ao que está adscrito o CEIP de Seixo.

- O alumnado que pretenda continuar estudos no IES Chan do Monte, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar a súa solicitude  cubrindo o formulario normalizado (ED 550A) entre os días 11 de xaneiro e 8 de febreiro de 2021.

-  - O formulario normalizado será facilitado no propio centro ou tamén na sede electrónica da Xunta de Galicia https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/, na web da consellería de educación, así como nesta propia noticia.

- As solicitudes poderán ser presentadas a través da mencionada SEDE ELECTRÓNICA (para formalizar a reserva a través desta canle  precisará de Chave 365 ou certificado dixital),  no CEIP de Seixo ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común.

Para calquera consulta estamos a súa disposición no horario de secretaría.

A Dirección do centro

Nota: Aquel alumnado que vaia seguir estudos de secundaria nun centro distinto ao adscrito, recórdaselles que a presentación de solicitudes será do 1 ao 20 de marzo do 2021.

MASCARILLAS: PUBLICACIÓN LISTADO DEFINITIVO DE SOLICITUDES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS

Seguindo as instruccións da CCEUpublícase no taboleiro de anuncios interior do centro as LISTAXES DEFINITIVAS das solicitudes excluídas e admitidas.

 IMPORTANTE

O centro tomou a decisión de mercar mascarillas, segundo a tipoloxía establecida nas bases da convocatoria, para todo o alumnado tanto de infantil como de primaria, sen distinción de que se lle fora concedido na convocatoria ou non.

Á volta das vacacións de Nadal repartiranse.

PUBLICACIÓN LISTADO PROVISIONAL DE SOLICITUDES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS

Seguindo as instruccións da CCEUpublícase no taboleiro de anuncios interior do centro as listaxes provisionais das solicitudes excluídas.

PUBLICACIÓN DA

LISTAXE PROVISIONAL E RECLAMACIÓNS

PRAZO DE RECLAMACIÓNS

  • XOVES 10-12-2020
  • VENRES 11-12-2020

 

 

PARTICIPACIÓN NO PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

DIRIXIDO A ALUMNADO DE 1º A 6º DE PRIMARIA

Iníciase a tramitación de participación no procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado segundo a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020-2021 (código de procedemento ED330E).

a) NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE: o alumnado beneficiario de axuda de material escolar no curso 2020-2021.

b) TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE DE FORMA PRESENCIAL NO CENTRO: o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:

- Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

- Alumnado matriculado en educación especial.

- Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

- Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

c) O prazo de presentación de solicitudes (ANEXOS I E II máis documentación complementaria que se pode ver na orde no artigo 9) para o alumnado non beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021, que cumpra as anteriores condicións será do día 16 de novembro ao 27 de novembro incluído.

d) Para a presentación de solicitudes no centro deben chamar con anterioridade ao teléfono: 886 151 350 para concertar a entrega da documentación en SECRETARÍA e evitar aglomeracións seguindo o protocolo Covid. Horario de PRESENTACIÓN SOLICITUDES:

Descargar impreso para a solicitude, e ver a documentación complementaria (ARTIGO 9) que hai que achegar, nos seguintes documentos adxuntos...

TAMÉN PODEDES SOLICITAR OS IMPRESOS AOS TITORES (AXENDA-ABALAR) E SERALLE ENTREGADO AO NENO/A.

LISTAXE MATERIAL CURSO 2020-2021

Neste apartado podedes consultar a listaxe do material para o curso 2020-2021.

A listaxe de material para o alumnado de Educación Infantil será comunicada polo mestre/a titor/a de cada un dos grupos.

SEGUIMENTO DOS BOLETÍNS DE ACTIVIDADES E COMUNICACIÓN CO ALUMNADO E FAMILIAS

Picando na seguinte imaxe poderedes ver unha listaxe de todas as direccións de correo electrónico do profesorado do cole así como os diferentes teléfonos de interese habilitados para esta alerta sanitaria na que nos atopamos.

Lembrade que poderedes enviar os correos electrónicos que estimedes oportunos para establecer comunicación con cada un dos profes.

Dentro do horario lectivo habitual, de 09:30 h. a 14:30 h., contestaranvos a todas as dúbidas que plantexedes e darannvos toda a información que requirades.

WEB DO CEIP SEIXO

 Moi benvidos todos á páxina web do noso centro! 

Non vos perdades as últimas novas na caixa de Información

(na columna da esquerda),

e visitade os nosos blogues para estar ao tanto de todo

o que sucede no cole,

UN COLE QUE GOZA APRENDENDO!

Distribuir contido

PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Punto Laranxa contra o acoso escolar

BLOG: "AS PEGADAS DE ARNALDO"

PLAMBE

RADIO NA BIBLIO

BIBLIOTECA CREATIVA

CONTRATOS PROGRAMA

PROGRAMA EDUCA EN DIXITAL