Iniciar sesión: Acceso

RESERVA DE PRAZA PARA O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

Atendendo ao disposto na Orde do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación; A Dirección do CEIP de Seixo quere informarlles que:

- Ábrese o prazo de reserva de praza para aquel alumnado que desexe continuar estudos no IES Chan do Monte, centro ao que está adscrito o CEIP de Seixo.

- O alumnado que pretenda continuar estudos no IES Chan do Monte, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar a súa solicitude  cubrindo o formulario normalizado (ED 550A) entre os días 11 de xaneiro e 8 de febreiro de 2021.

-  - O formulario normalizado será facilitado no propio centro ou tamén na sede electrónica da Xunta de Galicia https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/, na web da consellería de educación, así como nesta propia noticia.

- As solicitudes poderán ser presentadas a través da mencionada SEDE ELECTRÓNICA (para formalizar a reserva a través desta canle  precisará de Chave 365 ou certificado dixital),  no CEIP de Seixo ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común.

Para calquera consulta estamos a súa disposición no horario de secretaría.

A Dirección do centro

Nota: Aquel alumnado que vaia seguir estudos de secundaria nun centro distinto ao adscrito, recórdaselles que a presentación de solicitudes será do 1 ao 20 de marzo do 2021.

AdxuntoTamaño
MODELO (ED550A-G_2021_2022) PARA DESCARGAR E IMPRIMIR.pdf1.33 MB