Skip to Content

BENEFICIARIOS DO REPARTO DE MASCARAS ENTRE O ALUMNADO.

Informamos de que ten sido publicada a: ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E).


O alumnado beneficiario de axuda de material escolar tera dereito a elas directamente, non tendo que presentar solicitude.

O alumnado que non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero: 

a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.

Deberá presentar unha solicitude no centro docente onde estea matriculado o alumno utilizando o formulario normalizado (anexo I) que figura na convocatoria.

O prazo para presentar as solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

No ficheiro adxunto tedes a convocatoria. 

 

AVISO: TROCOS NA PARADA NÚMERO 8 DA LIÑA 1 POR OBRAS

Por mor das obras a PARADA 8 DE GREGORIO ESPINO do Bus 1, localizarase, tanto a ida como a volta, na parada de Vitrasa que hai xusto en fronte (a carón da cafetería Vicus e a tenda A Finestra). O cambio farase efectivo o vindeiro martes 16 de novembro.

Moitas grazas.

O Equipo Directivo.

TROCOS PARADAS LIÑA 2 BUS!!!

Estimadas familias:

Tras meses de obras o vindeiro mércores día 17 a liña 2 de transporte escolar voltará a súa ruta orixinal por Vía Norte, coas paradas de Igrexia de Fátima e o Antigo Centroxogo (Vía Norte nº 34 fronte ao Taller na parada de Vitrasa). Dende a empresa Estévez a coidadora irá estes días tamén informándovos as familias do cambio. Os horarios seguen a ser os mesmos que están na páxina web do colexio.

Un saúdo.

O Equipo Directivo.

Samaín e Halloween

Aquí está o vídeo do Samáin, un pouco de festa para o inicio do curso! Premede na foto para velo!

Actividades extraescolares curso 2021/2022

PREMEDE NA FOTO PARA ACCEDER AO ARQUIVO

 

CARTA BENVIDA CURSO 2021/22

 

 Premede na foto para acceder ao contido da mesma

LISTADO DE LIBROS DE TEXTO 21-22

 

O listado de material escolar publicaráse en Setembro

Admisión 2022/23

PRAZO: DO 1 AO 21 DE MARZO

DOCUMENTACIÓN: Anexo II modelo ED550B (que se pode descargar no adxunto, na sede electrónica ou no centro) e fotocopia do Libro de Familia.

No adxunto aparecen reflectidas as vacantes por curso.

Distribuir contido


by Dr. Radut