Skip to Content

INFORMACIÓN COVID- 19

O presidente da Xunta de Galicia comunicou a decisión de pechar os centros educativos de Galicia desde o vindeiro luns  16 de marzo con carácter oficial, por un período inicial de 14 días.

 

MEDIDAS A ADOPTAR EN TODOS OS CENTROS

DE ENSINO NON UNIVERSITARIO

  • Suspensión de todo tipo de actividade lectiva regulada en todos os centros de ensino non universitario. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, nomeadamente, o comedor, transporte e servizo de madrugadores, con independencia de quen sexa o organizador dos devanditos servizos.

  • Suspéndense no ámbito educativo todas as viaxes de estudos, excursións, ou calquera tipo de desprazamento de grupos de alumnado ou de profesorado.

  • Suspéndense no ámbito educativo todo tipo de festivais, galas ou actividades que impliquen a reunión de alumnado.

  • O profesorado programará nas páxinas web dos centros ou por outros medios telemáticos, accesibles ao seu alumnado, actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio, e fará o seu seguimento, pero non terán carácter de avaliables.

 

CALQUERA CONSULTA, PERMANECEREMOS NO CEENTRO DE 10 A 13 HORAS: 

TELÉFONOS :  886 120 168 - 886 120 169 

                          886 120 170 - 886 120 172  

 

A PARTIRES DO LUNS 16, SUBIREMOS A TRAVÉS DESTE MEDIO AS TAREFAS PARA CADA CURSO QUE O ALUMNADO PODERÁ FACER NA CASA, IGUALMENTE FACILITAREMOS OS CORREOS ELECTRÓNICOS DO PROFESORADO PARA RESOLVER CALQUERA DÚBIDA.

PREGAMOS AVISEN AO CENTRO NO CASO DE CONFIRMARSE ALGÚN CONTAXIO NA FAMILIA DIRECTA DO NOSO ALUMNADO

 

UN SAÚDO DE TODO O EQUIPO DOCENTE

ENTROIDO 2020

Preme na imaxe para ver un pequeno video do Entroido 2020.

TORNEO BADMINTON NOS RECREOS

Como outros cursos xa está en marcha dende xaneiro o TORNEO DE BADMINTON nos recreos para 4º, 5º e 6º.

 

 

XORNADA DE VOLEIBOL

O pasado sábado 16 de febreiro tivo lugar no Pavillón do cole unha Xornada de Voleibol coa participación das nenas e nenos do Centro. O pasaron moi ben e, aínda que non é o máis importante,  obtiverón bos resultados.

 

PRAZO DE RESERVA DE MATRÍCULA. PUBLICACIÓNS DOS LISTADOS PROVISIONAIS E DEFINITIVOS.

 

PRAZO  RESERVA DE MATRÍCULA

PARALIZADO POLO ESTADO DE ALARMA

 

 

 

XORNADA ATLETISMO EN PISTA 5º EDUCACIÓN PRIMARIA

O pasado xoves 6 de febreiro disfrutamos dunha Xornada de Atletismo en Pista, pincha na imaxe para ir o Blogue de 5º.

                                    

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

MARTES  4  DE FEBREIRO AS 16:30

MARTES 11 DE FEBREIRO AS 16:30

ELEXIDE A DATA QUE MÁIS VOS CONVÉN

PARA VISITAR O NOSO COLE

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

INVITACIÓN O V SCRATCH DAY

Dende o centro invitamos ás familias a participar no V SCRATCH DAY o próximo 26 de outubro. Animádevos!!!

MAGOSTO E SAMAÍN

FAI CLIC NA IMAXE E PODERÁS

ESCOITAR CANCIÓNS, DIVERTIRTE CON ACTIVIDADES,MANUALIDADES, XOGOS

LER E DISFRUTAR DE CONTOS TERRORÍFICOS!!

O Calendario Escolar para o próximo curso 2019 - 2020.

 

Días Lectivos, Festividades e Días NoN Lectivos.

As clases comenzarán o mércores 11 de setembro 2019.

Listado Provisional do Fondo Social Libros Texto 2019-2020

Detrás diste POST están os listados de ADMiTiDOS e os EXCLUiDOS.

Distribuir contido


by Dr. Radut