Bos días, tedes aquí catro vídeos, o primeiro cun saúdo da dirección e os seguintes cunhas instruccións básicas de como debemos circular polo centro e cales son os aseos que temos que empregar por curso: Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria e 4º,5º e 6º de Primaria, e tamén un cartel de BROLI!!!
Ola, dende o Centro queremos enviar unha mensaxe cargada de optimismo e amizade e agradecervos o voso traballo e comprensión nestas últimas datas, tanto ás nenas e ós nenos coma ás familias. Picade na imaxe e mirade a sorpresa que dirixiu Mónica, esperamos que vos guste (tamén sae Suso).
O pasado día do libro dende a biblioteca propuxéronnos un reto máxico, ser científic@s!! Segundo o lema anual da biblioteca: "Maxia, nada é o que parece!, pedimos, a vosa colaboración en forma de vídeos e a resposta foi magnífica! Mención especial para 3º de E.P.
Bos días, picade na imaxe e entrade nas interesantísimas actividades que nos propón o Equipo de Dinamización da Lingua Galega no seu blogue "O faro de Sárdoma". Este curso as Letras Galegas homenaxean a Ricardo Carvalho Calero.
Xa podemos saír a rúa, pero ata fai pouco tiñamos que quedar na casa. Pinchade no enlace para ver un pequeno montaxe coas vosas aportacións facendo exercicio na casa.