Skip to Content

PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO

 

Nas instalacións do centro están expostas as listaxes provisionais de alumnado admitido para o vindeiro curso 2023- 2024. Pódense consultar no seguinte horario

  • De luns a venres: de 09:30 a 10:00
  • Martes: de 16:00 a 17:00

Un saúdo

 

INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN

O período ordinario para a presentación de solicitudes de admisión de cara ó vindeiro curso escolar 2023 - 2024 xa rematou, informamos que non foi necesario baremar en ningún nivel, polo que non é preciso aportar información complementaria

Nas datas e lugares establecidos publicaranse as listas provisionais de admitidos. 

 

 

ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA CON RESERVA DE PRAZA NO IES ADSCRITO

Informamos ás familias do alumnado de 6º curso de Primaria que solicitou reserva de praza no noso centro adscrito (IES de Beade) que todas as solicitudes foron admitidas.

 

 

XORNADAS PORTAS ABERTAS

As familias que esteades interesadas en visitar e coñecer o noso centro, de cara a matriculación para o novo curso 2023-2024, podedes facelo nas xornadas de portas abertas, que serán nas seguintes datas:

            MARTES 7 DE FEBREIRO ás 16:00h.

            MARTES 14 DE FEBREIRO ás 16:00h.

 

 

 

Agradecemos que nos chamedes por teléfono para confirmar a visita, coa finalidade de organizarla para atendervos mellor. Lembrade que son reunións para adultos. Por favor, acudide sen cativos.

 

Tamén, vos invitamos a coñecer o funcionamento do noso centro a través dos diferentes apartados desta web, onde podedes acadar información sobre as nosas instalacións, servizos que ofrecemos e algunhas actividades que desenvolvemos.

Ínauguración da biblioteca

             

MENÚ DECEMBRO

 

PREME NA IMAXE PARA AMPLIAR O MENÚ!

Distribuir contido


by Dr. Radut