Skip to Content

 

                           

CURSO 2019/20

Premio EDG2030 "Captura a socidade dixital"

A Axencia de Modernización Tecnolóxica (Amtega) puxo en marcha o concurso de debuxo “Captura a sociedade dixital!” no marco do proceso de elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030.

O obxectivo do concurso foi facer partícipes aos máis novos neste proceso e coñecer a súa visión e expectativas sobre como a transformación dixital cambiará a sociedade galega nos próximos dez anos a través dun debuxo.

Noa Digón de 5º de primaria, foi a gañadora cun debuxo sobre a cura do cancro. Os nosos parabéns para ela e que disfrute do merecido premio, unha tablet!

 

Reto 6º Ed. Infantil

 A profe Natalia propuxo un reto en 6º de Educación Infantil (5 anos) consistía en recoller flores e follas para realizar unha representación propia baseada na obra de arte “Primavera” do autor Arcimboldo.  

Mirade que chulas quedaron: 

Frida Kahlo

Música: Banda sonora de Coco (Adaptación de Llorona de Chavela Vargas)

Frida Kahlo en 5º

Esta semana os alumnos e alumnas de 5º coñeceron e traballaron a obra da famosísima Frida Kahlo. Mirade como deixaron algunhas das súas creacións: 

Álbum: Proxecto 5º -> Frida Kahlo 5º

Lámpada de lava

Esta semana en 6º, Paula, Laura M. e David animáronse a facer este experimento que quedou así: 

 

 

Picasso en 5º

Esta semana os nenos e nenas de 5º deron vida ás obra de Picasso. Mirade o ben que o fixeron: 

Álbum: Proxecto 5º -> Picasso 5º

Slime 6º

Esta semana os rapaces de 6º seguiron a facer experimentos... e esta vez tocou crear o seu propio slime, mirade que ben lles quedou: 

Álbum: Experimentos -> Slime 6º

Joan Miró

Esta semana Joan Miró estivo presente nas casas dos nenos e nenas de 5º e así foi como quedaron algunhas das súas obras...

Mellor imposible, mirade:

Álbum: Proxecto 5º -> Joan Miró 5º
Distribuir contido


by Dr. Radut