Skip to Content

 

                           

CURSO 2019/20

Carteis Asociación As Candelas

 

En colaboración coa Asociación As Candelas os nosos

alumnos deseñan os carteis de Papá Noel e da Cabalgata

dos Reis Magos

 

 

Tedes adxunto os carteis en pdf

Semana da Constitución

 
Día da Constitución e do Estatuto de Autonomía de Galicia

 

 
Na primeira semana deste mes temos unha data de especial conmemoración: o día 6 de decembro lembramos A CONSTITUCIÓN española e o ESTATUTO de autonomía de Galicia.

 

O máis importante é que a nosa constitución garantíza que defende a

 


 

  IGUALDADE,  A  XUSTIZA  E A LIBERDADE
 
 
 
 
 
 

UN DÍA PARA TOD@S

Día Internacional de las Personas con Discapacidad

O día 3 de decembro Nacións Unidas proclama o Día Internacional das Persoas con Discapacidade dende o ano 1992, có fin de fomenar unha maior integración na sociedade das persoas con discapacidade.

 

 

PRECIPITACIÓNS

O alumnado de 5º de primaria elaborou na clase de Ciencias Sociais un sistema que nos permitiu aprender como se producen as precipitacións

AQUÍ TEMOS O RESULTADO

Grandes mulleres

O alumnado de Educación Infantil traballou coa súa mestra Natalia o Día da Non Violencia de Xénero, facendo conciencia nos máis pequenos de non esquecer que todas as persoas teñen os mesmos dereitos e todas deben ser e sentirse libres, respectadas e seguras.

Falaron e profundizaron sobre as personaxes femininas de ficción que máis nos gustan e por que, porque son fortes, intelixentes, valentes e fixeron unha comparativa con outras mulleres reais e extraordinarias que ao longo da historia contribuiron a facer do noso mundo, un mundo mellor!

 

 

 

 

 

Boneco Crece Pelo

O alumnado de 5º de primaria  na asignatura de Ciencias Naturais crearon un ser vivo moi especial! Trátase dun boneco que en vez de pelo crécelle herba!!

Agora toca coidalo e mimalo como dunha planta se tratase. Seguiremos informando da súa evolución...
 
 
 
 
 
E con semellante melena non podía faltar... a sesión de perruquería!
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Os cinco reinos

O alumnado de 5º de primaria traballou na asignatura de Naturais "Os Cinco Reinos" e prepararon uns cadernos onde expuxeron cada un deles.

Podédelos ver no hall do centro.

 

 

 

 

 

As fases da Lúa

Hoxe, na materia de Ciencias Sociais, as nenas e nenos de  5º de Primaria deseñamos un sistema sinxelo para entender mellor as catro fases da Lúa.

 

 
 
 
 
 
Gracias a el, agora xa sabemos identificar cada unha delas!
 

O Sistema Solar

O alumnado de 5º de Primaria está traballando na materia de Ciencias Sociais o Sistema Solar, e que mellor maneira de aprendelo que facendo un!!! 

 

 

 

 

Que gran traballo fixeron coa axuda da súa mestra.

Distribuir contido


by Dr. Radut