Hoxe os nenos e nenas de Infantil tiveron unha proposta teatral e musical, para coñecer as partes do traxe tradicional feminino a través de cantigas e xogos da cultura popular, foi moi divertido!
Iván Díaz, alumno de 6º Ed. Primaria do noso centro, recibiu o 2º premio de "El Progreso" e a CHMS cuxa finalidade era concienciar sobre a sequía e a contaminación dos ríos.
O martes 7 de xuño, o alumnado de 3º, 4º e 5º de Ed. Primaria foron de visita ao Museo Provincial de Lugo, á Casa dos Mosaicos e por último fixeron unha parada no Parque de Rosalía de Castro para comer e rematar o día da mellor forma posible. Pasárono xenial!
O 27 de maio os nenos e nenas de 6º fomos de excursión á RUTA 29 (Cospeito-Vilalba) dentro do programa "Coñece a túa provincia" da Deputación de Lugo.
Nesta ruta visitamos a Granxa Gayoso Castro; en Cospeito, o Museo das Aves e tamén fixemos unha ruta pola Lagoa de Cospeito. Comemos no restaurante Nova Ruta.
Pola tarde visitamos o casco antigo de Vilalba, o Parador e o Museo Arqueolóxico.