Skip to Content

 

                           

CURSO 2019/20

Animais invertebrados

 

O alumnado de 5º de Educación Primaria aproveitando que tocaba estudar os animais invertebrados e a súa clasificación, elaboraron os seus propios mostrarios

 

Podedes ver algúns dos que debuxaron...

 

 

Malala

O alumnado de 5º de Educación Primaria traballou a figura de Malala na materia de Educación en valores, elaborando o mural que podedes ver na imaxe
Malala

Ana Peleteiro

O alumnado de 4º de Educación Primaria estivo investigando sobre a atleta galega Ana Peleteiro

 

 

Ana Peleteiro

Vía Kunig: 500 anos de peregrinaxe

LUNS 20 DE XANEIRO DE 2020, NA CASA DE CULTURA DE BECERREÁ

 

Caixas Viaxeiras

Dentro do proxecto  Donas de si  no que este ano participamos queremos traballar coas Caixas Viaxeiras, proposta de Biblioteca, que nos dotou con diferentes libros para traballar a igualdade, a inclusión, a diversidade..

Tres caixasa, unha azul para Infantil, outra vermella para 1º, 2º e 3º, e outra verde, para 4º ,5º e 6º. Tres caixas cheas de libros que poderán levar a casa a modo de préstamo e tamen para traballar e ler nas aulas, no tempo de lecer.. Estes libros están a disposición de todo o persoal do centro.

   

Asociación As Candelas

A Asociación As Candelas agasallou ao centro pola nosa colaboración no concurso de postais de Nadal e a creación do cartaz.

Visita de Papá Noel

Estes días están sendo unha loucura  pero non podía faltar a visita de Papá Noel!

Todos os nenos e nenas falaron con el e pedíronlle os regalos que tanto desexan.  Estamos seguros de que se portaron tan ben que Papá Noel fará todo o posible para cumprir os seus desexos. 

 

 

 

 

 

 

Rei Melchor

E xa chegou o Nadal, ao cole tamén... así que o alumnado de 4º de Primaria aproveitando materiais de refugallo decidiron crear ao

Rei Melchor! 

 

Visita do Carteiro Real

Este mércores recibimos no cole a visita do Carteiro Real, entregámoslle un a un as nosas cartas para asegurarnos de que todas chegan as súas 

Maxestades os Reis Magos do Oriente

 

O Belén de Becerreá

 

O alumnado do CEIP San Xoán puido visitar, un ano máis, o minucioso Belén situado na nosa vila.  O Belén feito con todo mimo e luxo de detalles é obra de Olimpia e Manolo que ano a ano van aportando novas construcións e detalles.  Todo o alumnado de Primaria desfrutou da contemplación deste precioso Belén, bautizado como o Belén dos Ancares.

 

Este ano quedará exposto de forma permanente ata o día 6 de xaneiro na Carretera de Navia, fronte a oficina de Correos, estará aberto ao público en horario de tardes de 16:30-18:30, así que recomendámosvos que o vaiades ver porque merece a pena!

 

 

Picando na seguinte imaxe poderedes visualizar un vídeo onde veredes con máis detalle dito Belén 

Resultado de imagen de flecha hacia abajo"

Belén

Distribuir contido


by Dr. Radut