Skip to Content

Curso 2022-2023

25N

Contos de Samaín

Dende a Biblioteca, propuxemos que cada curso elaborase o seu conto de medo... non tedes máis que ver o terroríficos que quedaron! 

Os nosos nen@s fixeron un gran traballo!

SAMAÍN

Un ano máis, celebramos o Samaín

Disfrazados, bailamos e fixemos actividades varios todos xuntos no salón de actos.  Pasámolo de medo!

Este ano, tamén houbo merendas tenebrosas. 

Graciñas a todas as familias! 

 

Álbum: CURSO 2022/23 -> Samaín

Visita de Anxo Moure

Esta semana tivemos a visita de Anxo Moure que nos falou de convivencia, igualdade, medio ambiente... 

Os nenos xa vedes que o pasaron xenial!

Álbum: CURSO 2022/23 -> Anxo Moure

Ciencia divertida

A pasada semana, todos os cursos de Infantil e Primaria tivemos a sorte de poder asistir aos talleres sobre ciencia divertida. 

Pasámolo tan ben que xa estamos desexando repetir! 

Día Europeo das Linguas

O pasado luns 26 de setembro, celebrouse o Día Europeo das Linguas.  Como non podía ser doutro xeito, o alumnado de primaria participou nunha actividade para celebrar esta data. 

Álbum: CURSO 2022/23 -> Día Europeo das Linguas

Folleto informativo E-DIXGAL

Picando na seguinte imaxe ou descargando o arquivo adxunto, podedes atopar a información para as familias sobre o proxecto E-DIXGAL que disfruta o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria.  Agardamos que vos sexa de axuda, en caso de calquera dúbida quedamos á vosa disposición. 

 

Distribuir contido


 

                           

by Dr. Radut