Skip to Content

Libros de texto

AXUDAS 2024/2025

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria curso escolar 2024/25

Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B - anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Opcionalmente, poderán presentarse presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Os solicitantes das axudas deben cubrir unicamente os anexos I e II do procedemento ED330B e presentar a documentación necesaria.

  • Os anexos para a súa presentación presencial tamén poden descargarse neste enlace: Anexos I e II en pdf.

Libros de texto 2022/2023

Picando na imaxe podedes consultar a relación de libros de texto para o vindeiro curso. 

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

CURSO 2022/2023

ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

PRAZO DE SOLICITUDE do 19 de maio ao 22 de xuño.

Poderánse presentar presencialmente no centro ou telemáticamente. 

En caso de presentar a solicitude de forma presencial, podedes descargar o ANEXO I e o ANEXO II picando nos mesmos. 

Distribuir contido


 

                           

by Dr. Radut