Skip to Content

 

                           

Curso 2022-2023

Día do Libro

Esta semana tamén celebramos o día do libro facendo este mural tan bonito elaborado polo noso alumnado!

Ademais dunha pequena exposición das recomendacións que eles mesmos fixeron. 

Kamishibai

Para celebrar o Día do Libro no cole, ademais das diversas buscas do tesouro, os alumnos de 5º de Ed. Primaria elaboraron e contaron aos máis peques do cole diferentes contos en forma de Kamishibai ou o que é o mesmo teatro de papel.  

 

Álbum: CURSO 2022/23 -> Kamishibai

Actividade Proxecta

Como parte do programa educativo multidisciplinar Vexo, veo Xacobeo no que estamos a participar cuxa finalidade é a de achegar ao alumnado o significado e os valores do Camiño de Santiago e do Xacobeo e traballar, dende as primeiras etapas, estes conceptos que forman parte da súa contorna social e cultural.  Esta semana o alumnado de Ed. Infantil, 1º e 2º de Ed. Primaria disfrutou dunha actividade ligada a esta temática da man de Anxo Moure.

Fixeron unha visita por Pedrafita do Cebreiro e despois un pequeno tramo do Camiño de Santiago ata Liñares, xa vedes que están feitos uns grandes peregrinos. 

 

Álbum: CURSO 2022/23 -> Vexo, veo Xacobeo

8M

O pasado 8 de marzo, celebramos o Día Internacional da Muller.  No centro fixemos homenaxe a algunhas das mulleres máis especiais das nosas vidas e da nosa cultura.  Agardamos que vos gusten os traballos que elaboraron os nosos grandes artistas! 

Álbum: CURSO 2022/23 -> 8M

Día de Rosalía de Castro

Un ano máis, o día 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro e nós aproveitando os últimos días de Entroido, fixemos estas máscaras para ser Rosalía por un día. 

Álbum: CURSO 2022/23 -> Rosalía de Castro

Entroido

Este ano por fin puidemos celebrar o Entroido como se merece, moitos xa nos puidestes ver pero para os que non aquí vos deixamos unha pequena mostra. Agardamos que vos guste tanto como a nós! 

Álbum: CURSO 2022/23 -> Entroido

Día do amor e da amizade

Como ben sabedes, o 14 de febreiro celébrase o Día do amor e da amizade, como non podía ser doutro xeito no cole tamén o celebramos. 

Aquí vos deixamos algunha foto do que fixeron os nenos. 

Álbum: CURSO 2022/23 -> Día do amor e da amizade

Nadal 2022

Álbum: CURSO 2022/23 -> Nadal
Distribuir contido


by Dr. Radut