Skip to Content

Taboleiro

CHEGOU O ENTROIDO AO COLE!!!!!

DESFILE DE ENTROIDO NO COLEXIO!!!!

HOXE, VENRES 9, TIÑAMOS DISPOSTO O DESFILE NAS RÚAS DE VIVEIRO, PERO SERÁ IMPOSIBLE.

O DESFILE DE ENTROIDO SERÁ HOXE NA PISTA DEPORTIVA DO COLEXIO.

TODOS OS FAMILIARES QUE QUEIRAN ASISTIR, PODERÁN ENTRAR A PARTIR DAS 11:00H, POLA PORTA GRANDE QUE ESTÁ MÁIS ABAIXO DA PRINCIPAL, PARA COLOCARSE NAS GRADAS.

É IMPORTANTE QUE SE ALGUÉN QUERE SACAR FOTOS, O FAGA ÚNICA E EXCLUSIVAMENTE AO SEU FILLO OU FILLA

Listaxe de Admisión Definitiva. Comedor Escolar. Curso 2017/18

O Consello Escolar do centro, en reunión extraordinaria celebrada o 10 de xullo de 2017, elevou a definitva a listaxe provisional de alumnado admitido como usuario do comedor escolar para o curso 2017/18.

A listaxe pódese consultar no arquivo que se achega.

IMPORTANTE. As persoas responsables do alumnado admitido como ususairo do comedor escolar debe presentar cuberto o impreso de Autodeclaración e especificacións (Anexo II) cos datos do I.R.P.F. do ano 2016.

Achégase información para o cáculo da renda per cápita e o anexo II.

Listaxe de Admisión Provisional. Comedor Escolar. Curso 2017/18

O Consello Escolar do centro, en sesión extraordinaria celebrada hoxe, procedeu a elaborar a listaxe provisional de admitidos/as como usuarios/as do servizo de comedor escolar para o videiro curso 2017/18.

Pódese consultar no arquivo que se achega.

Vídeo graduación 2017

Como xa sabedes, este pasado xoves 22, tivemos o Festival Fin de Curso.

Entre as actividades que habitualmente temos nesta cita anual, está o acto de despedida do alumnado de 6º, no que representamos unha graduación ao máis puro estilo máis universitario.

Durante a graduación podemos ver un vídeo recordatorio do paso destes nenos e nenas polo noso cole, dende infantil ata 6º. Nesta ocasión, podedes disfrutar del nesta entrada, ou ben, dende o canal Youtube do centro.

LISTAXES DE ADMISIÓN DEFINITIVA. CURSO 2017/18

Non habendo reclamacións contra a listaxe provisional de admitidos/as, publicada o pasado día 24 de abril, procedemos a publicar a listaxe definitiva de admitidos/as para o curso 2017/18.

As listaxes pódense consultar nos documentos que se achegan.

O período ordinario de formalización de matrícula será entre o 20 e o 30 de xuño, ámbolos dous incluídos.

A documentación precisa para a formalización de matrícula pódese retirar na secretaría do centro.

LISTAXE DE ADMISIÓN PROVISIONAL. CURSO 2017/18

Publícase a listaxe provisional de alumnado admitido e non admitido neste centro para o vindeiro curso 2017/18. Pódese consultar a listaxe no arquivo que se achega.

GRANXA DE CORAIS. REEF WATER

O pasado venres 20, os grupos de 3º e 4º participamos nunha actividade moi interesante, visitamos unha granxa de corais. Si, como soa, unha granxa de corais.

Non sabemos se algunha vez puidestes visitar unha granxa tan curiosa, para nós foi toda unha experiencia porque non eramos capaces de imaxinárnola.

Explicáronnos un montón de cousas curiosas sobre estes animais (porque unha das primeiras que aprendemos é que ainda que parecen plantas, son animais).

Se tedes ocasión de visitala, non dubidedes, val a pena. 

Aquí tedes o link ás fotos que sacamos e tamén á web da propia granxa por si vos pica a curiosidade e queredes saber máis.

    

Distribuir contido


by Dr. Radut