Skip to Content

Taboleiro

FESTIVAL DE NADAL

Xa temos colgadas as fotos do Festival de Nadal 2015, e o vídeo terémolo en breve. Seguro que queredes velas, así que o teredes doado se premedes nesta ligazón

CELEBRAMOS HALLOWEEN E SAMAÍN

Como cada ano por estas datas, o pasado xoves  tivemos un día moi particular. Logo de pasar a semana preparando o rincón de Biblioteca da entrada para que fora ao xeito, decorar as portas e crear ambiente na entrada coas cabazas decoradas que fomos traendo de casa, rematamos a semana facendo a nosa particular festa de Halloween/Samaín.

Pola mañá e seguindo as tradicións destas datas, fixemos Trick of Treat entre as clases, recitando os poemas propios en inglés; visitáronnos unha bruxas encantadoras, que dende a ANPA nos trouxeron un detalliño doce e adicamos parte da mañá a ser uns cociñeiros moi particulares, porque cada grupo elaborou un prato o máis terrorífico posible á vez que saudable para degustalo pola tarde no patio xunto co resto dos compañeiros.

Se queredes ver todo o que fixemos, podedes visitar a Galería de fotos, ou ben, premer neste vínculo que vos levará directamente a ela.

Menú Comedor Escolar Mes de OUTUBRO

FAI clic  no arquivo adxunto para ver o menú do mes de OUTUBRO

PROXECTO TERRA

Proxecto Terra. A vista dos meus ollos.
Ola amigos/as neste curso traballamos na aula de 4º de E.P. co Proxecto Terra. Pasámolo moi ben . Mirade as cousas chulas que fixemos. Blog

.Foto1 Foto2

Menú mes de Setembro 2015

FAI clic  no arquivo adxunto para ver o menú do mes de SETEMBRO

GALDONATURA-Invernadoiro e horto ecolóxico

CURSO 2014-2015

O blog

Posta en marcha do invernadoiro con plásticos novos e Obradoiros de Clara.

3º e 4º curso como protagonistas principais, ainda que o horto escolar e cousa de toda a comunidade.

Para ver e aprender sobre ciencias, plantas, reciclaxe, ecoloxía.

Non o perdades!

CURSO 2015-2016
Ola amigos e amigas:

Este ano seguimos participando no Programa Voz Natura. Dende principio de curso estamos a traballar no invernadoiro. Entrade no noso blog e veredes todo o que sembramos e o que recollemos neste tempo. Mirade, mirade!!!!!.

Que ben o pasamos!!

Cosumópolis 9

E seguimos coas novas xornalísticas. Referímonos a outra noticia que saíu en prensa relacionada con outra das actividades nas que participamos este curso, o Consumópolis.

Este é o terceiro curso en que un dos nosos equipos resulta premiado; esta vez co terceiro premio otorgado a un dos grupos de 5º de Primaria. 

 

 

 

Semana da Arte

Ola,

Como ben sabedes, este curso traballamos sobre un pintor e escultor,  Hipólito Xeada, dentro dun macroproxecto no que participan moitos centros de primaria e secundaria da Mariña, e que culminará coa visita ao CENIMA en Foz,para disfrutar dunha exposición na que se poderán ver obras de máis de 40 artistas.

Traballamos dende a Biblioteca (Bibliogaldo) para documentarnos sobre este artista e a súa obra, aprendemos e practicamos técnicas distintas,...

Tamén enlazamos o noso traballo con otros proxectos como o Comenius.

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2014-2015

 Para consultar a lista definitiva de alumnos admitidos para o vindeiro curso 2014-2015 abrir o arquivo adxunto.

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNOS ADMITIDOS PARA O VINDEIRO CURSO 2014-2015

Para consultar a LISTAXE PROVISIONAL de admitidos par o vindeiro curso 2014-2015 abre o ficheiro adxunto.

Distribuir contido


by Dr. Radut