Skip to Content

Taboleiro

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

No  DOG do 12 de novembro de 2021, recóllese a ORDE do 28 de outubro de 2021, pola que se regulan os criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado de primaria (código de procedemento ED330E)

 O alumnado beneficiario da axuda para adquirir material escolar no presente curso NON PRECISA PRESENTAR SOLICITUDE para recibir as máscaras.

Pode presentar solicitude o alumnado que non é beneficiario do vale de material no curso actual e cumpra algunha das seguintes condicións:

  • Familia con renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros.

  • Alumnado suxeito á tutela ou garda da Xunta de Galicia.

  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

As solicitudes deberán presentarse na secretaría do centro xunto coa documentación que figura na ORDE (DOG 12/11/21), e o prazo de presentación será do 15 ao 26 de novembro.

O impreso de solicitude ED330E poderase recoller no centro ou descargalo AQUÍ.

DÍAS NON LECTIVOS DE ELECCIÓN PROPIA

Este centro ten solicitadas e aprobadas como días non lectivos de elección propia, os días 7 de decembro de 2021 e o  16 de maio de 2022, de acordo ao artigo 7.2 da Orde do 19 de maio de 2021 (DOG  9 de xuño) polo que se aproba o calendario escolar.

Polo tanto, este centro non terá clases en ningunha das datas antes indicadas.

 

MENÚ ABRIL

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO IMPRESO PARA O CURSO 2021/2022

 

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO IMPRESO PARA O CURSO 2021/2022

Abrir ficheiro adxunto

 

 

DOCUMENTACIÓN E PRAZOS DE FORMALIZACIÓN DE MATRICULA

En cumprimento do artigo 40 da Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, entre o 20 e o 30 de Xuño deberáse levar a cabo a FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA daqueles alumnos aos que se lles adxudicou praza para o vindeiro curso 2021-22, debendo aportar a documentación que se relaciona no documento adxunto "DOCUMENTACIÓN NECESARIA_21".

Adxúntanse os formularios necesarios a presentar que se relacionan.

FONDOLIBROS. Apertura do plazo para solicitar axudas para libros de texto e material escolar. Curso 2021-2022

 

Ábrese o prazo para a presentación de solicitudes de axuda para libros de texto e material escolar. DOG 20/05/2021

 

As solicitudes presentaranse preferentemente por vía electrónica a través da plataforma FONDOLIBROS ou na sede electrónica da Xunta de Galicia, procedemento ED 330B. En caso necesario, poderán presentarse presencialmente na Secretaría do centro no seguinte horario: luns, martes, xoves e venres  de 12:30h a 14:00h e mércores, luns e venres, tamén de 10:00h a 11:30h.

 

Documentación: anexo I, anexo II, copia do libro de familia. De ser o caso e dependendo do suposto, documentación xustificativa do mesmo (sentenza de separación ou divorcio, certificado de discapacidade,...)

 

O prazo de presentación de solicitudes será dende o 21 de maio ata o 22 de xuño de 2021 ámbolos dous inclusive.

 

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO BENEFICIARIO DE MÁSCARAS

Dende o día de hoxe, venres 4, quedan expostas  as listaxes definitivas de alumnado beneficiario de máscaras. Poderán ser consultadas polas persoas interesadas na Secretaría do centro, no horario habitual, de 9:30 a 14:30.

En breve, recibiredes información sobre o procedemento de entrega.

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO BENEFICIARIO DE MÁSCARAS

Dende o día de hoxe, luns 30 de novembro, quedan expostas  as listaxes provisionais de alumnado beneficiario de máscaras. Poderán ser consultadas polas persoas interesadas na Secretaría do centro, no horario habitual, de 9:30 a 14:30.

Ábrese un período de dous días ( 1 e 2 de decembro) para facer, de ser o caso, a pertinente reclamación no propio centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut