Skip to Content

Taboleiro

ENTROIDO 2017

Queridas familias,

Xa temos colgadas as fotos de este Entroido 2017 para que podades disfrutar do noso traballo.

Nesta ocasión e para seguir coas actividades enmarcadas no Proxecto Europeo Erasmus +, "JUST READ!" e relacionadas tanto con Biblioteca como con Normalización, os distintos grupos quixeron representar algúns dos cómics e bandas deseñadas máis populares de todos os tempos. É así que os de 3 anos foron Mafaldas, os de 4 e 5 anos foron Zipi e Zape; 1º e 2º os Bolechas; 3º e 4º Popeye e 5º e 6º foron Asterix. 

Durante as semanas previas ao desfile do día 24 polas rúas de Viveiro, os distintos grupos leron, visionaron, fixeron murais e aprenderon sobre o cómic e banda deseñada, e en especial, do cómic que ían representar, asi como confeccionaron os disfraces correspondentes.

Dende as clases de Ed. Fisica e Música, preparouse a posta en escena como toque final: as coreografías,cancións e representacións dramatizadas dos distintos grupos.

Para ver as fotos só tes que ir á Galería  ou ben clicar aquí.

           

 

ADMISIÓN E MATRÍCULA. CURSO 2017/18

O día 1 de marzo de 2017 ábrese o prazo para presentar solicitudes de admisión en Educación Infantil e Primaria para o vindeiro curso 2017/18.

A solicitude pódese facer a través da aplicación: www.edu.xunta.es/admisionalumnado da Xunta de Galicia ou de forma presencial no centro educativo ata o día 20 de marzo de 2017.

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA A ADMISIÓN.CURSO 2017/18

O/a proxenitor/a ou representante do alumnado deberá achegar coa solicitude (Anexo II) de admisión a seguinte documentación:

a) Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a consulta.

b) Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a.

c) Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo ou etapa nos termos do anexo II.

d) Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.

Os prazos para a tramitación dos procedementos de matrícula do alumnado para o próximo curso 2017/18 son os que se indican a continuación:

  • Solicitude de admisión en educación infantil e primaria: 1-20 de marzo (Anexo II)

  • Formalización de matrícula en educación infantil e primaria: 20-30 de xuño (Anexo III-1).

A normativa que regula o procedemento de admisión pódese consultar nos documentos anexos.

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2016

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

De conformidade co establecido na Resolución do 26 de setembro de 2016 (DOG do 4 de outubro), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

     - O Director ou directora do Centro.

     - Un profesor ou profesora.

     - Un pai ou nai ou titor legal.

     - Un representante do persoal de administración e servizos.     

    

 

Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo día 28 de outubro, venres, ás 16,15 horas.

MENÚ DO 28 DE NOVEMBRO AO 2 DE DECEMBRO 2016

 

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2016 / 2017

Esta é a relación de libros de texto para o vindeiro curso escolar 2016-2017. Nesta relación non figura a lista para  6º curso xa que continúa dentro do Proxecto E-DIXGAL.

Para ver a lista correspondente a cada curso, só tes que premer nel.

                     ED.INFANTIL                         ED. PRIMARIA

                       3 ANOS                                 1º CURSO

                       4 ANOS                                 2º CURSO

                       5 ANOS                                 3º CURSO

                                                                     4º CURSO

                                                                     5º CURSO

                                         

Cambio de número de teléfono do CEIP PLURILINGÚE SANTA RITA

NOVOS NÚMEROS DE TELÉFONO:

982870937

982870938

982870939

MAGOSTO 2015

O pasado venres 13 celebramos o Magosto no noso colexio.

Coma sempre, cada grupo estivo preparando un tocado moi especial para lucilo ese día, o un cestiño o similar para levar as castañas asadas e poder degustalas comodamente cos compañeiros e compañeiras de aula.

Este ano fixemos a maiores unha exposición de peóns na porta de acceso ao patio onde se podían contemplar a nosa creatividade plasmada nesles. Alí tamén estaban ao noso acceso para poder bailalos durante os recreos.

Tamén como novidade, fixemos xogos populares. Divididos en dous equipos, xogamos ao brilé, aos zancos, peóns, corda, pano, tiro de castana e tiro á rá. E os máis pequenos tamén fixeron as carreiras de sacos e a busca de castañas.

Ben, como din que unha imaxe vale máis que mil palabras, o mesmo é mellor que vexades por vós mesmos o ben que o pasamos ao tempo do que aprendemos, para iso, preme aquí

FOTOS FESTIVAL FIN DE CURSO 2014-2015

Queridas familias...

Xa temos colgadas as fotos do Festival organizado para Fin de Curso. Poderedes velas na nosa Galería e para que vos sexa máis doado atopalas, preparamos este LiNK

LISTAXE DEFINITIVO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2015/2016

Pode consultar a LISTAXE PROVISIONAL DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2015/2016 NO ARQUIVO ADXUNTO.

Móvete+

Folla de inscrición MÓVETE+. Fai clic en adxunto.

Distribuir contido


by Dr. Radut