Skip to Content

CANDIDATURAS CONSELLO ESCOLAR

 

1.-REBECA OZORES NINE

 

APA: NOVA DIRECTIVA

En Asamblea Xeral Extraordinaria de socios da APA Loureda conformouse  a nova directiva, sendo elexidos por unanimidade os seguintes cargos:

PATRICIA LOJO NINE - Presidenta

ELBIA SÁNCHEZ PEREIRA - Vicepresidenta

EVA Mª TRIÑANES MUÑIZ - Secretaria

RAQUEL VIDAL MARIÑO - Tesoureira

 

VOCAIS:

SONIA SAMPEDRO RODRÍGUEZ

YOLANDA REDONDO PÉREZ

ANA FERNÁNDEZ DÍAZ

NATIVIDAD TRIÑANES CESPÓN

VOCAL SUPLENTE:

FRANCISCO NIETO BLANCO

 

RENOVACIÓN PARCIAL DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

Este ano cómpre renovar parte dos membros que compoñen o Consello Escolar do Centro: tres pais/nais e dous mestres. O calendario de actuacións a seguir, aprobado pola Xunta Electoral, está exposto no taboleiro  e pode verse aquí no arquivo adxunto.

As eleccións están fixadas para o día 26 de novembro. Animamos a todos os pais e nais a participar neste proceso, tendo en conta que o Consello Escolar é un órgano de representación e de participación na vida do Centro.

ALMORZOS SAUDABLES

Leváronse a cabo os "almorzos saudables", actividade que forma parte das notas de identidade deste Centro. Ademais de disfrutar, o alumnado adquire importante información acerca do valor do almorzo na súa alimentación. Algunhas instantáneas na galería.

AULA DE PSICOMOTRICIDADE

Grazas á colaboración económica do Concello e da APA do Centro, e grazas a que podemos contar co esforzo e traballo  de  Xaquín, o Conserxe, continuamos  mellorando as instalacións e equipamento do Colexio: Este curso  estreamos unha nova aula de psicomotricidade, moito máis amplia que a que tiñamos e, en consecuencia, moito máis funcional.

SUBVENCIÓN MATERIAL DEPORTIVO

O Concello de Boiro, a través da Concellalía de Deportes, vén de conceder a este Centro unha subvención de 225 euros para material deportivo. Parte desta cantidade investirase na elaboración do material preciso para practicar o xogo dos bolos, xogo que intentamos recuperar co apoio dos técnicos de deportes do Concello, especialmente de Eugenio Rodríguez, "Geno". 

LIBROS DE PRIMARIA

Distribuir contido


  

by Dr. Radut