SUBVENCIÓN MATERIAL DEPORTIVO

O Concello de Boiro, a través da Concellalía de Deportes, vén de conceder a este Centro unha subvención de 225 euros para material deportivo. Parte desta cantidade investirase na elaboración do material preciso para practicar o xogo dos bolos, xogo que intentamos recuperar co apoio dos técnicos de deportes do Concello, especialmente de Eugenio Rodríguez, "Geno".