Skip to Content

CONCURSO ENREGUÉIFATE. GAÑAMOS!!

O alumnado de 6º de primaria participou no concurso "Enreguéifate". Enreguéifate é un proxecto impulsado polos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso (regueifa) para contribuír, por medio dela, á promoción do uso da lingua galega.

RESULTADO DA ENQUISA SOBRE CAMBIO DE XESTIÓN DO COMEDOR

O centro pasou a todas as familias do centro unha enquisa para que deran a súa opinión sobre o cambio de xestión do comedor. A idea sería cambiar a xestión actual deste servizo (AFA Loureda) por unha xestión indirecta da Consellería, levada a cabo pola dirección do centro.

Na seguinte imaxe pódense ver os resultados:

SUBVENCIÓN DO CONCELLO DE BOIRO PARA MATERIAL DEPORTIVO

O departamento de Deportes do Concello de Boiro asignou unha subvención ao noso centro para a compra de material educativo para o 2023.

Esa subvención foi de 225€. 

 

ESPAZOFAMILIAS BOIRO. NOVA CHARLA

31/01/2024 16:00
Etc/GMT+2

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS 23-24

No seguinte enlace poderedes atopar as programacións didácticas da Etapa de Infantil e Primaria asi como as dos especialistas.

 

https://drive.google.com/drive/folders/15hr_y8j3inDReqhy4TYsTzcdpLNI1Ba8?usp=sharing

 

Un saúdo.

VIDEOTITORIAIS ACCESO A ABALARMOBIL E FUNCIONALIDADES

Para aquelas persoas que aínda non teñan instalada a aplicación ABALARMOBIL os seguintes enlaces poden servir de axuda. Botádelle un ollo!!

RESUMO DA INFORMACIÓN DAS REUNIÓNS DE COMEZO DE CURSO.

Adxuntamos os puntos tratados nas reunións de comezo de curso coas familias, tanto en infantil como en primaria.

Bótadelle un ollo, sobre todo a xente que non puido acudir.

Calquera dúbida que teñades, podedes poñervos en contacto co centro no horario habitual a través das canles de costume.

Un saúdo.

Distribuir contido


  

by Dr. Radut