RESERVA DE PRAZA PARA ALUMNADO 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Estimadas familias:

O prazo de reserva de praza dirixido ao alumnado de 6º de educación primaria que o próximo curso 2023/2024 estea nun centro de educación secundaria, estará aberto desde o 16 de xaneiro ata o 06 de febreiro.

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

  1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
    Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear” na aplicación admisiónalumnado Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.

  2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica
    Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
    IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación).

  3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro

Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.

Solicitude en galego

Solicitude en castelán

Atentamente, 

O EQUIPO DIRECTIVO

MENÚ XANEIRO

Para ver o menú de xaneiro pinchar aquí

VISITA PAPA NOEL - CONCURSO DE POSTAIS

COMEZO DAS CLASES 2º TRIMESTRE

Estimadas familias:

Comunicámoslles que as clases reanudaranse o 09 de xaneiro.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

GUÍA DE LECTURA PARA O NADAL

Para ver a guía de lectura premer aquí

FELICITACIÓN DE NADAL - DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Para ver a felicitación de Nadal premer aquí

ACTUACIÓNS FESTIVAL DE NADAL

Para ver a actuación de Educación Infantil A premer aquí

Para ver a actuación de Educación Infantil B premer aquí

Para ver a actuación de 1º/2º de Educación Primaria premer aquí

Para ver a actuación de 3º/4º de Educación Primaria premer aquí

Para ver a actuación de 3º/4º de Educación Primaria (Titoría) premer aquí

Para ver a actuación de 5º/6º de Educación Primaria premer aquí

Nota: haberá que pulsar a opción "descarga" para visualizar o vídeo

CHOCOLATADA

Hoxe, mércores 21 de decembro, pola mañá, o alumnado do noso centro gozou dunha chocolatada como inicio das festas do Nadal!

PUBLICACIÓN DE NOTAS 1º TRIMESTRE - CURSO 2022/2023

Estimadas familias:

O próximo 22 de decembro publicaranse as notas en Abalarmóbil correspondentes ao 1º trimestre do presente curso.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

MENÚ DECEMBRO

Para ver o menú de decembro pinchar aquí

Powered by Drupal - Design by artinet