PROCEDEMENTO ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023/2024

O prazo de presentación de solicitudes de admisión para o curso 2023/2024 será do 01 ao 20 de marzo, ambos inclusive.

A previsión inicial de postos escolares ofertados no centro pode consultarse pinchando aquí

O alumnado matriculado nun centro docente ten garantida a súa permanencia nel. Polo tanto, o cambio de curso, ciclo, nivel ou etapa non requerirá un novo procedemento de admisión, agás que implique cambio de centro.

As solicitudes poderán presentarse por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado e de xeito presencial no centro docente. A solicitude deberá estar asinada por calquera das persoas proxenitoras, debendo constar o consentimento expreso da outra persoa proxenitora no anexo de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar. No caso de separación ou divorcio, será necesario a sinatura de ambos/as proxenitores/as, agás que a custodia estea atribuída con carácter exclusivo a un deles. (Ver artigo 12 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022. do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación).

O horario de atención ao público é o seguinte: de luns a venres, de 10.00 a 10.50 horas; mércores, de 15.40 a 16.30 horas.

Xornada de portas abertas: 01 de marzo, de 10.00 a 11.40 horas.

O CEIP Plurilingüe Santa Eulalia de Dumbría está adscrito ao IES "Agra de Raíces".

Contamos cos servizos de comedor de xestión directa e de transporte.

A publicación da listaxe provisional de admitidos será antes do 25 de abril.

A publicación da listaxe definitivo de admitidos será antes do 15 de maio.

O prazo para formalizar a matrícula será do 20 ao 30 de xuño, ambos incluídos.

Poden descargar os formularios para a admisión nos seguintes enlaces:

Solicitude admisión (galego)

Solicitude admisión (castelán)

Documentación complementaria para presentar no centro: copia do libro de familia, certificado de empadronamento, fotocopia DNI proxenitores, fotocopia cartilla sanitaria, certificado médico (no caso de intolerancias alimentarias, alerxias...), 4 fotos tamaño carnet.

 

MENÚ MARZO

Para ver o menú de marzo pinchar aquí

ENTROIDO 2023

Neste Entroido 2023 o alumnado do centro disfrutou dunha chocolatada e do desfile de disfraces no patio do centro na sesión de mañá.

Na sesión de tarde, realizáronse diferentes xogos tradicionais:

CAMPO A TRAVÉS - FASE INTERCOMARCAL

TALLER EDUCATIVO PILABOT

O venres 03 de febreiro tivo lugar un taller educativo sobre a participación do noso centro no Concurso Pilabot. 

Asistiu todo o alumnado de Educación Primaria e realizouse un xogo mediante Kahoot empregándose tablets:

OBRADOIRO DE REGUEIFA

O xoves 19 de xaneiro, a través do Concello de Dumbría, realizouse un obradoiro de regueifa na biblioteca do noso centro para o alumnado de 5º/6º de Educación Primaria e dirixido por Lupe Blanco:

CONCURSO PILABOT

Estimadas familias:

O centro está participando actualmente nun concurso promovido pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Pilabot é un concurso en centros educativos de educación primaria e secundaria de Galicia para fomentar a recollida selectiva de pilas e acumuladores portátiles entre o alumnado e as súas familias.

O concurso comezou o día 30 de xaneiro de 2023 e rematará o día 10 de marzo do 2023.

Consideraranse pilas e acumuladores portátiles calquera pila, pila botón, acumulador ou batería que estea precintado, pode portarse coa man e non sexa industrial nin de automóbiles. 

Unha vez finalizado o prazo do concurso, o 14 de abril do 2023, daranse a coñecer os dous centros que máis pilas recolleron en total.

DÍA DA PAZ

Podedes disfrutar do vídeo seguindo o enlace de facebook situado na marxe esquerda da páxina!

CAMPO A TRAVÉS - FASE COMARCAL

O venres 25 de xaneiro participamos na fase comarcal de Campo a Través en Cee:

 

MENÚ FEBREIRO

Para ver o menú pinchar aquí

Powered by Drupal - Design by artinet