Skip to Content

Comedor

Menú do comedor escolar (xuño)

 

                    

Solicitude de comedor para o Curso 2023 - 2024

A Solicitude e o Anexo II deberán ser entregadas cubertos na secretaría do Centro en horario:

de 10:00 a 13:00 ata o 14 de Xullo.

Poderán descargarse nos seguintes links ou recollerse no propio centro.

 

 

Solicitude de comedor  |   Anexo II e instrucións

 

 

* DECRETO 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da consellería con competencias en materia de educación.

 

Comedor

SERVIZO DE COMEDOR DE 14.00 A 16.00H

NORMAS DO COMEDOR ESCOLAR

RECORDATORIO DAS NORMAS DE COMEDOR

O comedor pertence á Xunta, polo que é a mesma a que adxudica a licitación á Empresa e a que aproba os menús (polo que non se poden cambiar).

  • A empresa que leva o comedor escolar é "Mediterránea de Catering".
  • Se algún usuario/a  vai faltar a clase  por algunha razón dun xeito puntual (por atoparse enfermo, etc) ou se precisa unha dieta branda, debe AVISAR AO CENTRO EDUCATIVO ENTRE AS 9:00 h. e as 9:30 h. chamando ao teléfono do colexio 886120210 (tamén poden facelo de xeito presencial).
  • Para informarse de todo o relativo a comida (se comeron pouco, se só comeron o primeiro prato ou o segundo, etc) poden preguntalo directamente ás monitoras de comedor. Se o alumnado é de transporte, as monitoras poden comunicalo as familias a través da axenda escolar que traen a clase (previa petición das familias do usuario/a) e esta comunicación via axenda deberá vir de volta asinada polo pai/nai/titor/a legal para ter confirmación de que chegou a información.
  • Calquera dúbida ou queixa será atendida vía dirección do centro educativo.

 

Collage fotos comedor

 

Distribuir contido


by Dr. Radut