Este ano o MAR segue acompañando ao alumnado do CEIP San Salvador, neste intre o alumnado de 2º e 3º de Primaria, interpreta a canción PEIXIÑO, composta polo mestre Paco que os acompaña na guitarra.
Un curso máis, dentro das iniciativas para o fomento da lectura, desenvolveremos ao longo deste trimestre a actividade FAMILIAS LECTORAS.
Con esta proposta queremos acercar a escola, a familia e a lectura. Se estades interesados en vir ao colexio para ler na titoría dos vosos fillos ou fillas algún conto ou recitar algún poema, non teredes mais que poñervos en contacto coa titora e acordar con ela o día que mellor os conveña. Se necesitades asesoría para escoller o texto non dudedes en dirixirvos ao Equipo de Biblioteca e solicitar a súa colaboración.
Esperamos a vosa participación e colaboración para seguir promocionando o interés e o gusto polos libros e pola lectura.