Skip to Content

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

 

CON MOTIVO DAS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA, A VINDEIRA SEMANA E O LUNS 17 DE ABRIL NON HABERÁ CLASE 

 

VÉMONOS O VINDEIRO MARTES 18 DE ABRIL

Menú Abril

Como cada mes, deixámosvos o menú mensual.

Aquí tedes o de abril.

FESTA DE CEBOLA DE TEIS. 9 DE ABRIL

O CEIP San Salvador ten a honra e a responsabilidade de selo garda da semente do ceboliño de Teis, e dicir, de producir e custodiar a semente dun ano para outro.

Para este fin o colexio  pon a disposición da comunidade  espacio apto para o cultivo da cebola, cede as súas instalacións e medios para as charlas e colabora ca organización do evento  FESTA DA CEBOLA DE TEIS no coñecemento  e posta en valor por parte das xeracións vindeiras das variedades vexetais e o seu cultivo tradicional ante o risco que corren debido o cambio climático.

As actividades que realizamos  son as seguintes: preparación dos bancais e mesas de cultivo, visita do alumnado ás hortas dos produtores seguindo o plano da organización para recoller o ceboliño, difusión e promoción do evento mediante cartelería e páxina web, unha exposición fotográfica  alusiva e o cultivo o día da festa no recinto do cole.

ADXUNTAMOS O PROGRAMA DA FESTA

SEMANA DA POESÍA

POESÍA POR UN TUUUUBO!!!!

                                                    

FESTIVOS 27 E 28 DE MARZO

DENDE O CLAUSTRO DE MESTRES QUEREMOS LEMBRARVOS QUE O

LUNS 27 E O MARTES 28 DE MARZO

NON HABERÁ CLASE

VÉMONOS DE NOVO O VINDEIRO MÉRCORES 29 DE MARZO.

FOTOS DO ENTROIDO 2017

                                                  

                                      

                                            

SEMANA DA FROITA

Como xa sabedes participamos no  , e como en anos anteirores, solicitamos unha subveción ao FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraría) para repartir froita fresca durante tres semanas ao longo do curso escolar.

A SEMANA VINDEIRA DO 13 Ó 19 DE MARZO,

CADA DÍA NA SESIÓN DO RECREO REPARTIREMOS UNHA PEZA DE FROITA DE TEMPADA:

FRESAS, PERAS, MANDARINAS, PLÁTANO E MANZA.

ESCOLAS DE PAIS-NAIS, Plan Comunitario

Continúan as xornadas para pais e nais, organizadas dende o Plan Comunitario de Teis.

Animádevos a asistir!!

Menú Marzo

Como cada mes, deixámosvos o menú mensual.

Que aproveite!

 

ESCOLA DE NAIS-PAIS

Bo día!

Hoxe tedes a oportunidade de asistir a unha das xornadas que dan comezo, organizadas  polo Plan Comunitario de Teis.

Estas xornadas abordarán temas de actualidade e que concirnen ás familias, polo que vos animavos a que participedes delas.


Tedes a información completa no documento adxunto.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut