Teremos unha sesións impartidas pola Garda Civil onde se nos explicará os riscos que se poden ter usando Internet e como usalo correctamente.
Nova recollida de roupa e calzado
Este derradeiro trimestre do curso tamén queremos participar noutra campaña de sensibilidade e axuda humanitaria. Neste caso, a colaboración será con ONG GLOBAL HUMANITARIA aportando calzado e roupa usada en bó estado.
Para obter máis información sobre esta campaña, pódese consultar na páxina web www.glorr.com
ÚLTIMOS DÍAS!
Como xa sabedes estamos nos últimos días do noso mercado de libros de segunda man. Lembrade que ata o martes podedes comprar os poucos libros que quedan xa.
Para elo baixamos os prezos e contamos con varias atractivas ofertas. Animádevos a pasar polo cole a axudar aos nosos pequenos a ter unha gran excursión de fin de curso!
XOGANDO Ó ATLETISMO
O pasado mércores no pavillón do noso centro houbo unha xornada moi interesante chamada "Xogando ó atletismo", nela puidemos aprender moitas cousas sobre este deporte e ademáis compartir unha mañá con nenos de nenas doutros centros. Pasámolo moi ben e queremos repetir noutra ocasión!
Período de vacacións de Semana Santa
As vacacións de Semana Santa van dende o día 25 de marzo ata o día 1 de abril.
Mercadillo de libros de 2ª man
O Mercadillo de libros de 2ª man dará comezo o vindeiro luns día 18 de marzo . Poderán asisir a el e participar nas compras todos aqueles membros da Comunidade Educativa que o desexen respectando os horarios que se indican:
- Nenos e nenas do centro poderán mirar e mercar todos os días lectivos en horario de recreo.
- Os adultos poderán asistir os luns, martes e xoves de 15:30 a 16:30 horas.
Unha vez rematado o mercadillo, farase pública na porta do colexio e tamén nesta web o listado de libros vendidos e os importes acadados.
Aqueles libros que non foran vendidos, poderán ser recollidos novamente polos seus donos a partir do día 9 de abril.
Os fondo obtidos serán empregados na excursión de fin de curso.
Tamén se pode consultar os horarios no calendario de eventos.
TALLER CONSTRUCCIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS
Os alumnos do 3º ciclo do noso colexio fixeron un taller de construcción de instrumentos musicais: caixas chinesas, zambomba, triángulo, maracas, banxo, timple, pandeiro cadrado, etc.. Actualmente atópanse expostos nos corredor da planta baixa do centro cunha pequena ficha explicativa para cada instrumento. Animámosvos que o veñades ver.
Se queredes ver máis fotos podedes acceder á galería.
Antroido
Un ano máis celebramos o antroido no colexio. Este ano o disfrace trataba sobre os contos populares: os nenos/as de 3 anos ían disfrazados dos "Tres Porquiños";
os de 4 e 5 anos ían de "Peixe Arco Iris";
os de 1º ciclo do conto "O frautista de Hamelín";
os do 2º ciclo ían de "Brancaneves e os sete ananiños";
e por últimos os do 3º ciclo ían de "Alí Baba e os corenta ladróns"
Comezamos cun pequeno paseo polas rúas da vila ata chegar ao Concello. Alí nos recibiron todos os empregados do Concello e tamén o señor Alcalde, cantamos, rimos e todos recibimos agasallos (alumnos e mestres). Queremos agradecer o ben que nos trataron.
Regresamos ao colexio algo pasados por auga porque nos caeu enriba unha boa chuvisqueira pero aínda así pasámolo moi ben. Cando chegamos ao colexio, estaban esperando os familiares para celebrar a festa; pasamos todos ao pavillón deportivo onde desfilamos primeiro os nenos/as cos nosos mestres/as, despois desfilaron os pais/nais/ avós.. e os rapaces elexiron os tres gañadores: o disfraz maís enxebre, o máis simpático e o máis orixinal. A verdade que todos eran fabulosos.
A continuación participamos en varios xogos e bailes organizados polo mestre de Educación Física que nos fixo facer de todo e rirnos moitísimo.
Despois aproveitamos un claro, saimos fora queimar o meco, cantarlle unha canción e a lectura de coplas por parte dos alumnos/as do 2º e 3º ciclo. As coplas podedes lelas ao final desta páxina.
E por último no patio cuberto do colexio tomamos empanada, doces típicos de entroido e refrescos.
Pasámolo moi ben e grazas a todos/as por vir e participar.
O DÍA DA PAZ: "UNHA POMBA DE ILUSIÓN"
O día 30 de xaneiro celebramos no colexio, como estaba previsto, "O Dia da Paz". Despois do recreo, pasamos á biblioteca onde os nenos de primaria leron a todos os demais contos, poesías, relatos,... todo relacionado coa paz.
A continuación pasamos ao corredor onde tiñamos debuxada un preciosa pomba á que lle chamamos "Unha pomba de ilusión" porque no seu interior colocamos un montón de material escolar cedido por todos nós e algún que outro membro da Comunidade Educativa para destinalo a Nicaragua, a unha campaña que leva por nome "Un contenedor de ilusión". Cada neno/a foi despositando na pomba algún material ata tela toda cuberta por completo.
Se queredes seguir a pista á campaña na que participamos, podedes consultar na seguinte páxina web http://uncontenedordeilusion.blogspot.com.es/
Posteriormente, no patio cuberto do colexio cantamos unha canción da paz titulada "Que vivan a paz e o amor" e bailamos o "Baile das sete cruces".
Festival de Nadal
O día 21 de decembro celebramos no colexio o festival de nadal. Todos os alumnos/as participaron en actividades diversas: obras de teatro, cancións, flauta, bailes.... TIvemos moitos espectadores que se portaron de maravilla e nos aplaudiron moito.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »