CONTACONTOS

 

O pasado martes un gran contacontos visitou o noso centro. Foi unha actividade moi fermosa onde os nenos e nenas do cole se "colaron" na salón da casa de Conta e Conto, dous velliños moi simpáticos capaces de traer toda a maxia do mundo a nosa biblioteca. Fixéronnos cantar, bailar, desfrutar, aprender valores e, sobre todo, divertirnos!

 

Agradecemos a editorial Everest por facelo posible!

Día das Letras Galegas

17/05/2013 09:15
17/05/2013 14:00
Etc/GMT+1

Este día non haberá clase por ser festivo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Xincana de xogos populares

16/05/2013 12:15
16/05/2013 14:00
Etc/GMT+1

Celebraremos o día das Letras Galegas cunha xincana de xogos populares onde tamén poderán participar os pais/nais que o desexen.

CONTACONTOS RATIÑO PÉREZ

Esta mañá, os nenos e nenas de 2º curso ofrecéronnos un contacontos moi orixinal. Era sobre o conto do rato Pérez e, coa axuda dunhas láminas narraron a historia do ratiño ao alumnado de Educación Infantil. Fixérono moi ben e ao final lles regalaron uns globos e caramelos ós seus compis pequenos e lles explicaron o que tiñan que facer se se lles caia un dente.

 

 

Podedes ver todas as fotos da actividade en http://biblio.moeche.netne.net/

DÍA DO LIBRO 2013

 

 

O pasado mércores 24 celebramos no cole o Día do libro e, como non podía ser doutra maneira, pasámolo xenial. A mañá comezaba ben cunha gran xincana de xogos populares que fixeron os máis pequenos do centro. A continuación o alumnado de 2º e 3º ciclo realizou unha actividades sobre Don Quijote de la Mancha que resultaron moi divertidas.



Para finalizar o día fixemos a APADRIÑAMENTO LECTOR, o día acompañou  e puidemos realizalo fóra.



Se queredes máis información sobre como foron todas e cada unha das actividades entra na sección da biblioteca desta mesma páxina. Para ver toda a galería de fotos podes acceder o blogue da biblioteca:



biblio.moeche.netne.net

Plan DIrector: "Riscos en Internet"

O pasado día 22 de abril os alumnos de 2º e 3º ciclos de Educación Primaria recibiron unha charla por parte da Garda Civil sobre diferentes aspectos do uso das novas tecnoloxías poñendo especial énfasis nos riscos que entraña internet cando non se coñece plenamente e se fai un uso correcto do mesmo.


Ese mesmo día pola tarde, realizouse outra charla coa mesma temática para adultos á que asisiton un reducido grupos de pais/nais e a totalidade do profesorado do Centro.

Día do Libro

24/04/2013 00:30
24/04/2013 14:30
Etc/GMT+1

 


PROGRAMA DO DÍA DO LIBRO


9:30 - 10:30: XINCANA DE CONTOS POPULARES PARA E.INFANTIL E 1º CICLO



  • "A mímica dos contos".

  • "Os gazapos"

  • " A mazá envelenada de Brancaneves"

  • "Todos contra o lobo"

  • "Construcción de puzzles".

 


10:30 - 11:30 :DON QUIJOTE DE LA MANCHA PARA 2º E 3º CICLO.



  • "Retrato de Dulcinea de Toboso"

  • "Bálsamo de Fierabrás".

  • "Palabras fuxitivas"

  • "O chat de Sancho e Don Quijote"

  • "Poema de Amor Cortés"

12:15 -



  • Apadriñamento lector.

Traballo sobre coidado do medio ambiente

En Educación Infantil tamén están a traballar sobre o coidado do medio ambiente e as enerxías renovables.


Os alumnos/as de 3 anos xa elaboraron un traballo para o concurso do pegamento Imedio. Aquí tedes as fotos


Traballo sobre o Coidado do Medio Ambiente


 


Foto traballo "coidado do medio ambiente"

Concurso pegamento Imedio

Os nenos e nenas de 1º ciclo de Educación Primaria participan no Concurso do Pegamento imedio sobre as enerxías renovables e o coidado do Medio Ambiente.


Aquí podedes ver o mural e uns marcapáxinas para o vindeiro día do libro.


fotos mural


 


mural enerxía renovable

Powered by Drupal - Design by artinet