Sección bilingüe

EGG DROPPING FOR EASTER

Este ano pola Pascua Rodrigo propúxonos unha nova idea. É algo que parece ser que se fai moito en USA pero que nós non fixeramos nunca... o EGG DROPPING!!

Consiste en lanzar ovos crus dende certa altura e previamente tivemos que argallar aparellos utilizando os materias que nos propoñían para evitar na medida do posible que o ovo rompese. 

Claro está , gañaba o equipo que conseguía un ovo supervivinte

 

 

 

Erica ... ata pronto !!!

Hoxe foi o último día que tivemos a sorte de ter Erica connosco. Foi unha experiencia incrible poder disfrutar da súa charla, da súa amabilidade, dos seus coñecementos , da súa paciencia... de tantas cousas!!! GRAZAS Erica . Este cole xa é teu tamén . Ven a visitarnos cando queiras. Recibirémoste cos brazos abertos.

 

 

Erica e Picasso outra vez connosco

Hoxe Erica veu a visitarnos outra vez. Estivo cos sextos , cos primeiros e cos segundos. Aprendemos moitas cousas e gustounos moito a súa charla e a súa paciencia e agarimo. É fantástica!!! Nós tamén lle contamos cousas que xa sabiamos e amosámoslle algún dos traballiños picasianos que estamos a facer e fíxolle moita ilusión.

Moitas grazas Erica... queres voltar ao noso cole???? VEN CANDO QUEIRAS. ESTAREMOS ENCANTADOS DE QUE O FAGAS. 

GRAZASSSSSSSSSSSSSSS!!!!!!!!!!!!

 

os de terceiro empezamos co ... UPCYCLING

    Empezamos co noso upcycling. Qué vos parece o noso arte????

Casa Museo Picasso

O pasado venres día 14 visitamos a casa onde Picasso vivíu durante os anos que estivo en A Coruña .Gustounos moito ir e visitar a habitación onde durmía o artista ou o lugar onde o seu pai pasaba horas pintando cuns pinceis que non deixaba coller ó que pouco despois sería un dos artistas máis prestixiosos do mundo... Picassiño.

Tamén aprendemos a facer o noso "autorretrato picassiano" e a nosa "pombiña da paz" . Pronto vos ensinaremos as nosas obras de arte....

  

 

   

ERICA, PICASSO, SAN MARCOS....

Non podemos máis que estar agradecidos pola colaboración de ERICA.

Sacou tempo de onde non o tiña para estar con nós e contarnos cousas de Picasso , do que sabe moito... moitísimo. GRAZAS! GRAZAS! GRAZAS! Aprendimos moito con ela e... voltará!!! Grazas pola túa paciencia e a túa adicación.

Powered by Drupal - Design by artinet