Agra de San Marcos s/n. 15318 Abegondo - A Coruña. Teléfono: 881 880 201. Fax: 881 880 207. Correo electrónico: ceip.san.marcos@edu.xunta.es
Sección bilingüe
Símbolos celtas en plástica
Os alumnso de 3º e 4º estamos a facer símbolos celtas empregando técnicas diferentes.
Aquí vos amosamos algunha foto. A ver se vos gustan!!
Arts and celtic roots
Os alumnos e alumnas de 1º e 2º coa axuda da profe Carina e do profe José Luis estamos tamén moi implicados no proxecto de "Raíces Celtas " e decidimos facer unha maqueta de Galicia na que amosamos o seu relevo e tamén algunhas das cousas importantes que temos na nosa terra.
Así tamén aprendemos sobre o noso pasado
Manual Navio - Familias
Aquí tendes o manual de Navio para coñecer de maneira máis detalada o seu funcionamento.
Inmersión Lingüística en Peares
O pasado día 10 de Outubro os alumnos de 6º curso fomos de excursión.
Foi unha aventura diferente, algo que non tiñamos feito nunca. Fomos a un centro de Inmersión Lingüística en Peares.
Celtic Roots. Unha viaxe inesperada
Lembraredes que o curso pasado estivemos traballando a Picasso, era un proxecto necesario porque era o ano coruñés do artista e había que sumarse á celebración.
Este curso tamén temos un camiño por diante. Os equipos de linguas, xuntamente co equipo de biblioteca e o de actividades extraescolares imos tratar de afondar un pouquichiño nas nosas raíces castrexas. Trataremos de indagar sobre a nosa orixe celta e o que nos une e nos diferenza doutros pobos de orixe celta espallados por Europa.
É un longo camiño o que temos por diante pero habemos ir pouquiño a pouco. De momento empezamos con Carina e con ela partimos da Torre de Hércules hacia Irlanda acompañados de Ith, un dos fillos de Breogán.
Alá imos!!!
![]() |
![]() |
Novo curso, novas caras, novos proxectos....
![]() |
![]() |
Benvidos de novo á nosa páxina e a este novo curso que comenza cargado, coma sempre , de novas ilusións e novos proxectos .
Para empezar queremos presentarvos a Germain Calix, o noso novo auxiliar de conversa. Chegou ao colexio o día 1 de Outubro e quedarase connosco ata o 31 de Maio.
Ven de Houston, Texas e contounos moitas cousas interesantes que nos pareceron "alucinantes" . Falounos dos rodeos e dos cowboys pero tamén nos deixou abraiados falándonos da NASA e das visitas que alí fixo co colexio cando era coma nós.
Temos moita curiosidade e imos aprender moito con el.