Saltar navegación.

Educación Infantil

REUNIÓN XERAL DE PAIS E NAIS DE EDUCACIÓN INFANTIL

Convócase a todos os pais e nais de educación infantil para o próximo venres, 7 de setembro, ás 11:00 horas, a unha reunión que terá lugar nas aulas de infantil.

As titoras

Nadarín

O pasado 2 de decembro, os nen@s de educación infantil fomos ao Auditorio de Narón a ver a obra "Nadarín" representada pola compañía Trompicallo.

Nadarín, un pequeno peixe de papel, consegue escapar da destrución e adentrarse no mar, converténdose ao intre nun peixe de verdade. A partir deste momento comeza para él unha aventura emocionante nun mundo novo e descoñecido. 

Está só, pero é un grande observador e isto benefíciao á hora de aprender a sobrevivir e relacionarse. Na súa viaxe atoparase con todo tipo de criaturas mariñas: pequenos peixes, centolas, ostras, cabaliños de mar, baleas... Coñecerá entón a amizade,   e a través dela o divertimento, a aventura e o risco.

Tamén saberá que é o medo cando, xogando, Nadarín e o seu Amigo provocan a  aparición do Peixe Enorme, que coa súa forza destrutiva é capaz de separar e dividir aos pequenos peixes para devoralos.

 

A vida no mar perde entón o seu equilibrio e prodúcese o caos. Así non se pode vivir. Nadarín terá que ser valente e tomar a iniciativa. Un inesperado encontro coa balea daralle a solución e aprenderá que a solidariedade é clave para vivir en sociedade.

Distribuir contido