Artigos
CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ
Os alumnos/as de 5º investigaron sobre como poder recoñecer unha situación de maltrato. O seu traballo acabou cunha presentación que nos mostraron a toda a comunidade escolar o 29 de xaneiro como unha das actividades para conmemorar o DIA DA PAZ.
FOMOS O TEATRO
"CÓSIMA"
O día 10 de novembro de 2009, os alumnos/as de 4º, 5º e 6º de primaria asistimos a representación da obra “Cósima” no auditorio municipal de Narón.
A protagonista era unha nena chamada Cósima que tiña un pai moi esixente, autoritario e distante, que era un amante das matemáticas e dos números.
Á nena encantábanlle os animais e un día enfadouse moito co seu pai porque lle obrigaba a comer caracois e decidiu fuxir da casa. Chegou ao bosque e subiuse a unha árbore e xurou que non baixaría nunca máis.
Alí coñeceu a unha nena da que se fixo amiga e, a Papagueno, un rapaz ao que lle gustaban moito os paxaros.
Cósima comunicábase coa súa nai, a pesar da oposición do seu pai, grazas a unha linguaxe de signos que inventaran entre elas.
A súa amiga deixáballe libros da biblioteca do seu pai e levávalle comida.
Ao final, o pai acabou subindo á arbore con Cósima, e empezaron a comprenderse.
A obra gustounos moito, foi moi divertida. Despois de saír do teatro estivemos xogando nun parque de Narón e no autobús xogamos a “Que preferirías”.
Jorge e Sofía de 5º
DEBUXANDO CON SANTY GUTIÉRREZ
O día 4 de novembro foi un día especial para a clase de 5º de primaria . Nela impartiu un " obradoiro de debuxo " Santiago Gutiérrez Gómez , debuxante descoñecido para nós .
Comezou o obradoiro repartíndonos un conto para logo ensinarnos cales eran os pasos para ilustralo. Mentres nós debuxabamos el fixo rapidamente moitos debuxos no encerado, para darnos ideas.
Despois contounos que el debuxaba viñetas de humor para moitos xornais galegos, que ilustraba libros infantís como "Resalgario", "Tanis I o Mocos", "Estanislao, príncipe de Sofrovia "... , que tamén facía ilustracións para revistas, que traballaba para empresas de publicidade...
Finalmente díxonos que a partir do día 5 de novembro podíamos mercar nas librarías os libros " SAN ZIPPER ", unha nova colección da editorial " BRUÑO ", ilustrada por el .
Esperamos que merquen algún exemplar dende o colexio.
Jorge e Sergio (5º)
A continuación podedes ver algunhas imaxes da actividade. A que está xunto a este texto é un debuxo que nos fixo ao rematar o obradoiro e que lle regalou ao colexio. Imos enmarcalo e colocalo nun sitio onde se poida ver ben.
Para coñecer mais a Santy e seu traballo como debuxante visitade a sua páxina web.
Preme >>> santygutierrez.com. Seguro que vos vai gostar moito.
IMAXES DO OBRADOIRO
|
|
PLANTACIÓN DE ÁRBORES AUTÓCTONAS
O día 27 de febreiro plantamos no colexio tres árbores autóctonas e unha moreira. Participamos tódolos nenos e nenas e pasámolo moi ben. Quique fíxonos os buratos e nós botámosle a terra e regámolos. ¡Esperamos con entusiasmo que prendan e medren ben!
Os de Infantil plantaron unha moreira axudados polas suas profes. Foi plantada para que nos dea flores para alimentar aos vermes de seda que teñen os de 6º e os de Infantil. Nos (os de 5º) tamén temos ás veces a caixa e cando nazan axudarémoslles a crialos.
Os de 1º e 2º plantaron unha bidueira. Cando medre será unha árbore moi bonita e, o mesmo que o carballo e o castiñeiro, como están micorrizadas, daranos uns cogomelos moi grandes e sabedores que cociñaremos no cole.
Os de 3º e 4º plantaron un carballo. Producirá landras que son unha comida moi boa para porcos, pero como nós non temos, sementarémolas para ter máis e plantalos noutros sitios.
Por último, os maiores, de 5º e 6º, plantamos un castiñeiro. O profesor díxonos que daría unhas castañas moi moi grandes e sabedoras. Con ellas faremos un gran magosto para todo o colexio. Que ricas estarán!
Hemos de coidar tódalas árbores para que medren e estean sempre contentas e bonitas.
Os nenos e nenas de 5º
Podedes fotos da actividade na galería de imaxes ou premendo aquí
Petroglifo da Rabadeña, Neda
No lugar da Rabadeña, Neda. Foi descoberto polas obras do gasoducto. Son dúas pedras con pías. A máis pequena foi movida do seu lugar orixinal para formar parte dun muro de separación. Consta de dúas cazoletas unha delas cunha canaleta. A pedra máis grande, situada nas proximidades da anterior, está no seu lugar orixinal. Presenta trece pías, dúas grandes de forma oval, pegadas, e once máis pequenas e redondas. Preme aquí para ver as fotos a pantalla completa