Skip to Content

6ºA EI

PROPOSTAS DE TRABALLO DO 25 DE MAIO AO 31 DE MAIO

Benqueridos/as nenos/as e familias:

Dende a distancia, seguimos acompañando a vosa aprendizaxe  presentándovos novas tarefas que sen dúbida, vos axudarán a agrandar o gusto e o afán por aprender.


É importante que visitedes o blog da biblioteca. Elmer ofrécenos novidades cada día. Por exemplo con motivo do Día da Reciclaxe, explícanos a importancia de coidar do noso Planeta e tamén nos conta cal foi a proposta gañadora para traballar o vindeiro curso: Mundo submarino!!! Xa podedes imaxinar todo o que xuntos descubriremos.

Tics 5 anos (18/5/2020)

Ola familias!

Propóñovos o seguinte enlace para traballar un pouco con formas, cores, números, labirintos,... Adiante, sabedes facelo mooi ben!!!

Bicos grandes para tod@s!!!

PROPOSTAS DE TRABALLO DO 18 DE MAIO AO 24 DE MAIO

Ola recordadas nenas e nenos:

Que bo é saber que xa podedes alternar traballiños na casa con xogos ao aire libre! Pensamos que estaredes moi ledas e ledos, non si?

Alá vos vai unha nova morea de tarefas para que ninguén se aburra ou deixe de aprender. Ah! Lembrade visitar o blog da biblioteca. Na semana das Letras Galegas, Elmer non deixa de sorprendernos con novos videos e propostas de aprendizaxe. As profes estamos seguras que vos encantará facer as actividades en liña, que vos propoñemos  nas tarefas desta semana .

Saúdos agarimosos e a aprender xogando!

 

                                                                                                                                                                                                    As titoras

 

SIRA, XA TES 6 ANOS! PARABÉNS E FELIZ ANIVERSARIO!

17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Ola de novo nenas e nenos:

Como sabedes, o día 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas e por iso Elmer, no blog da biblioteca, invítavos a coñecer polo miúdo a vida e obra da nosa escritora máis coñecida: Rosalía de Castro. Ninguén como ela cantou a beleza e fermosura de Galicia.

MENSAXE DE ELMER

Ola a todos/as de novo!
 
Mensaxe urxente de parte de Elmer: Durante esta semana tedes que elexir o proxecto que máis vos guste para traballar o curso que vén. As propostas son: Medio ambiente, Mundo submarino e Arte. A votación remata o día 17 de maio. Así que bulide e a elexir o voso proxecto favorito!
 
Ah! e como estamos no mes das flores, Elmer explícanos a orixe da festa dos Maios moi popular en Galicia e tamén como se elabora un Maio combinando materiais con formas distintas. Boa diversión!.
 
                                                                               As titoras

PROPOSTAS DE TRABALLO DO 11 DE MAIO AO 17 DE MAIO

Ola nenos/as e familias:

Celebramos que xa poidades saír fóra e disfrutar xuntos dos agasallos que nos regala a primavera. Velaquí tedes novas tarefas que vos axudarán a pensar e tamén a aprender xogando.

Ah! non esquezades visitar o blog da biblioteca:

https://oblogdeelmer.blogspot.com/ e facer os experimentos que Elmer vos propón.

A divertirse exploradores!

PSICOMOTRICIDADE, MÚSICA E MOVEMENTO EI 16-6-20 A 19-6-20

Ola nenas e nenos! Ola familias! Celebremos o remate do curso con unhas suxestións de música e psicomotricidade conxuntas en E. Infantil. Agardo que as disfrutedes. Para calquera cousa que querades comentarme, informarme ou compartir poño os correos onde manter contacto:

rcostas@edu.xunta.es

rosariocostasnunez@gmail.com

En cada nova oferta de contido que vos faga, empregarei esta mesma páxina

Recibide un saúdo agarimoso e moito ánimo! Agardo vermos axiña!

Tics 5 anos (4/5/2020)

Estimadas familias

Adxunto enlace no que podedes xogar un pouco coas vocais, facer puzles,...

Unha aperta grande e moito ánimo!!

PROPOSTAS DE TRABALLO DO 4 DE MAIO AO 10 DE MAIO

 Ola a todos/as de novo! Esperamos que sigades felices e contentos na compañía das vosas familias. Para que o afán de aprender non vaia a menos, enviámosvos unha nova escolma de tarefas diversas e divertidas.

 Tamén vos lembramos que é importante que visitedes a páxina web da biblioteca: https://oblogdeelmer.blogspot.com/. Alí atoparedes contos, videos, sorpresas e propostas de traballo que non permitirán que ninguén se aburra.

Distribuir contido


by Dr. Radut