Skip to Content

6ºA EI

PROPOSTAS DE TRABALLO DO 15 DE XUÑO AO 19 DE XUÑO

Queridas familias e inesquecibles nenas e nenos:

Por fin despois de tantos atrancos e sobresaltos chegamos ao remate do curso. Desde a páxina do cole, achégamosvos a última escolma de tarefas que teredes que facer antes de comezar un merecido e necesario descanso.

Parabéns a todos e todas polo voso traballo e polos vosos logros e graciñas a tódalas familias pola súa colaboración durante o tempo de incerteza e inquedanza que todos vivimos.

Boas vacacións e feliz verán!

Entroidos polo mundo 6ºA EI

Ola a tod@s!!! Esperamos que tod@s sigades ben!!!

Parabéns polo voso traballo e participación co Concurso de Banda Deseñada.

No arquivo adxunto está o diploma que logo atoparedes na aula.

Bicos  apertas para tod@s desde o EDLG!!!

PROPOSTA DE TRABALLO DO 8 AO 14 DE XUÑO

Estimadas familias e recordadas nenas e nenos:

Se ben o fin de curso está cada vez máis cerca, aínda precisamos seguir esforzándonos un pouquiño máis… E por iso facémosvos chegar novas e entretidas tarefas que vos axudarán a completar e agrandar todo o aprendido ata agora.

Tamén vos lembramos a importancia de visitar o blog da biblioteca. Elmer segue a sorprendernos  con novos contos, videos e propostas refrescantes para o verán e incluso nos invita a visitar o Aquarium Finisterrae de xeito virtual.

Ánimo e a divertirse!

MATEO, XA TES 6 ANOS! PARABÉNS E FELIZ ANIVERSARIO!

PROPOSTAS DE TRABALLO DO 1 DE XUÑO AO 7 DE XUÑO

Ola de novo inesquecibles nenas e nenos:

O derradeiro mes de curso xa está aquí. As vacacións están cada vez máis cerca, pero antes de iniciar ese merecido e esperado descanso, temos que seguir traballando. Facémosvos unha nova achega de tarefas que seguramente realizaredes sen dificultade.  Tamén vos recomendamos asomarvos ao blog da biblioteca porque Elmer segue  a sorprendernos cada día con novidades moi interesantes que vos axudarán  a agrandar o voso saber e os vosos soños.

PROPOSTAS DE TRABALLO DO 25 DE MAIO AO 31 DE MAIO

Benqueridos/as nenos/as e familias:

Dende a distancia, seguimos acompañando a vosa aprendizaxe  presentándovos novas tarefas que sen dúbida, vos axudarán a agrandar o gusto e o afán por aprender.


É importante que visitedes o blog da biblioteca. Elmer ofrécenos novidades cada día. Por exemplo con motivo do Día da Reciclaxe, explícanos a importancia de coidar do noso Planeta e tamén nos conta cal foi a proposta gañadora para traballar o vindeiro curso: Mundo submarino!!! Xa podedes imaxinar todo o que xuntos descubriremos.

Tics 5 anos (18/5/2020)

Ola familias!

Propóñovos o seguinte enlace para traballar un pouco con formas, cores, números, labirintos,... Adiante, sabedes facelo mooi ben!!!

Bicos grandes para tod@s!!!

PROPOSTAS DE TRABALLO DO 18 DE MAIO AO 24 DE MAIO

Ola recordadas nenas e nenos:

Que bo é saber que xa podedes alternar traballiños na casa con xogos ao aire libre! Pensamos que estaredes moi ledas e ledos, non si?

Alá vos vai unha nova morea de tarefas para que ninguén se aburra ou deixe de aprender. Ah! Lembrade visitar o blog da biblioteca. Na semana das Letras Galegas, Elmer non deixa de sorprendernos con novos videos e propostas de aprendizaxe. As profes estamos seguras que vos encantará facer as actividades en liña, que vos propoñemos  nas tarefas desta semana .

Saúdos agarimosos e a aprender xogando!

 

                                                                                                                                                                                                    As titoras

 

SIRA, XA TES 6 ANOS! PARABÉNS E FELIZ ANIVERSARIO!

17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Ola de novo nenas e nenos:

Como sabedes, o día 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas e por iso Elmer, no blog da biblioteca, invítavos a coñecer polo miúdo a vida e obra da nosa escritora máis coñecida: Rosalía de Castro. Ninguén como ela cantou a beleza e fermosura de Galicia.

Distribuir contido


by Dr. Radut