Bo día a tod@s! Noraboa!! Por fin podedes saír á rúa un ratiño, así que aproveitade!! A Elmer encantaríalle ver fotos ou vídeos do voso primeiro paseo, podedes enviarllos ó correo da biblioteca:
bibliotecaceipsanfrancisco@gmail.com
Por outra banda, gustaríanos recibir os vosos debuxos contándonos o máis divertido que estades facendo na casa todos estes días. Debedes envialos ó seguinte correo: jesus.aulas@gmail.com
Tedes toda a información sobre estas dúas propostas no blog da biblioteca
https://oblogdeelmer.blogspot.com/
Deixámosvos tamén algunhas propostas para que traballedes un ratiño cada día. Lembrámosvos que son de carácter voluntario e que non é preciso que as fagades todas.
Unha aperta enorme!!