
Estimadas familias, a continuación publícase a circular de principio de curso, na que se inclúe información importante sobre o centro: calendario escolar, instrucións xerais, reunións familias, orientacións para o estudo, libros de texto, actividades extraescolares e uso das instalacións , entre outras.
Solicitamos a súa lectura dada a importancia da información que contén.
Asimesmo , lembramos que os alumnos/as serán recollidos nas instalacións do centro polas persoas responsables, quenes poderán autorizar a outro adulto ou aun irmán ou irmá que curse 5º e 6º de EP, ESO , FP ou bacharelato, cubrindo e entregando a ficha cos datos persoais da persoa autorizada e entregándoa ós/as titores/as.
DATAS REUNIÓNS FAMILIAS : publícanse as datas das reunións cas familias segundo o nivel correspondente, pola importancia das temáticas a tratar nas mesmas, recoméndase a asistencia de todas as familias
4º EDUCACIÓN INFANTIL: 16 de setembro ás 16:00 h
5º EDUCACIÓN INFANTIL: 23 de setembro ás 16:00 h
6º EDUCACIÓN INFANTIL: 30 de setembro ás 16:00 h
1º EDUCACIÓN PRIMARIA: 23 de setembro ás 17:00 h
2º EDUCACIÓN PRIMARIA: 30 de setembro ás 17:00 h
3º EDUCACIÓN PRIMARIA: 30 de setembro ás 18:00 h
4º EDUCACIÓN PRIMARIA: 7 de outubro ás 17:00 h
5º EDUCACIÓN PRIMARIA: 7 de outubro ás 16:00 h
6º EDUCACIÓN PRIMARIA: 14 de outubro ás 16:00 h