Skip to Content

BENVIDA

Código do centro: 15025025
Enderezo: Ronda de Outeiro 72. A Coruña. C.P. 15009
Coordenadas: 43°21'07.3"N 8°24'07.0"W | 43.352019, -8.401933
Teléfonos: Administración 881.960.989. Conserxería: 881.960.980
ACCEDA A UNHA VISITA VIRTUAL Ó CENTRO PREMENDO AQUÍ

CALENDARIO XUNTANZAS INICIAIS TITORÍAS-FAMILIAS

Publícase o calendario das xuntanzas previstas entre o profesorado titor e as persoas responsables legais do alumnado do seu grupo.

As reunións realizaranse nas aulas de cada grupo e, dada a limitación dos espazos rógase acuda unha soa persoa responsable por cada alumna-o. Así mesmo, rógase asistir sen nenos-as para facilitar a comunicación e optimizar os tempos.

Lembramos que o obxectivo destas xuntanzas é abordar as cuestión xerais que afectan ao grupo e que para as particulares poden solicitar xuntanzas de titoría individuais.

Adxúntase unha táboa informativa de datas para cada titoría. O resumo do calendario é o seguinte:

LUNS 16/09/2024:

16:00 h: 6ºE.Infantil

17:00 h: 4ºEP.

LUNS 23/09/2024

16:00 h: 5ºE.Infantil, 5ºEP.

16:15 h: 1ºEP, 3ºEP.

17:00 h: 6ºEP.

LUNS 30/09/2024

16:30 h: 2ºEP.

  

CURSO

DATA

HORA

5º E. INFANTIL

Luns 23 de setembro

16:00 h

6º E. INFANTIL

Luns 16 de setembro

16:00 h

1º E.P.

Luns 23 de setembro

16:15 h

2º E.P.

Luns 30 de setembro

16:30 h

3º E.P.

Luns 23 de setembro

16:15 h

4º E.P.

Luns 16 de setembro

17:00 h

5º E.P.

Luns 23 de setembro

16:00 h

6º E.P.

Luns 23 de setembro

17:00 h

 

ESPERÁMOSVOS!!

ORGANIZACIÓN DÍA 11 INICIO DAS CLASES

Estimadas familias:

Iniciamos o 2024-2025 e como equipo directivo xunto con todo o profesorado, queremos darvos a benvida a este curso escolar.

Equipo directivo:

Directora: María Victoria Esteban Riesco

Secretaria: Silvia Lozano Abuín.

Xefa de Estudos: Virginia Dávila Barba.

Comezo das clases:

As clases darán comezo o luns día 11 de setembro en horario de 9:00 a 14:00,agás o alumnado de 4º de Educación Infantil que terá o horario establecido para o período de adaptación.

Organización de entradas e saídas:

En arquivo adxunto podedes ver a circular de inicio do curso, que contén información importante de entradas, saídas e normas de organización e funcionamento. 

Comunicacións:

Como sabedes, o medio de comunicación co profesorado titor é, ademáis das titorías presenciais, a aplicación abalarmóbil. Nela poderedes consultar información académica da vosa filla ou fillo, do grupo a que pertence e o profesorado que ten asignado.

Se aínda non tedes descargada esta aplicación, hai un post cunha guía AbalarMobil para facelo.

Lembramos que o principal medio de comunicación de novas e información importante continúa  a ser a web do centro.

Libros de texto e material funxible:

No taboleiro de anuncios do centro e na web está publicado dende xuño o listado de libros de texto.

A entrega de libros do Fondo Solidario realizouse o día 8 de setembro e a de vales para libros e para material iniciouse en xullo. Quen teña concedidas estas axudas e non as recollese aínda, pode dirixirse á secretaría do centro. Os libros que quedasen sen recoller serán entregados ao alumnado nos primeiros días.

Os listados de material funxible están publicados nun post anterior.

Feliz curso e recibide un afectuoso saúdo.

Equipo Directivo

 

MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024-25

A continuación, preséntanse o material escolar que precisará o alumnado para este curso 2024-25. É preciso clicar na pestana de adxuntos.

LISTA DE MATERIAL PARA 1º CURSO DE EP

LISTA DE MATERIAL PARA 2º CURSO DE EP

LISTA DE MATERIAL PARA 3º CURSO DE EP

LISTA DE MATERIAL PARA 4º CURSO DE EP

LISTA DE MATERIAL PARA 5º CURSO DE EP

LISTA DE MATERIAL PARA 6º CURSO DE EP

REUNIÓN FAMILIAS 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

O profesorado e o equipo directivo queremos darvos a benvida a este centro e desexarvos un feliz curso escolar. 

O vindeiro venres día 6 de setembro, ás 12:00 horas, teredes unha reunión coas titoras nas aulas de 4º de Educación Infantil, situadas na planta baixa, na que darase información importante sobre o período de adaptación, aspectos xerais e poderanse aclarar dúbidas que poidan xurdir.

Para coñecer o grupo asignado dos vosos fillos e fillas, o día da reunión se vos irá chamando para que sexades acompañados ata a aula específica. Nos arquivos adxuntos tedes información sobre a organización do período de adaptación nos grupos A e B, que tamén se vos facilitará o venres.

Recibide un cordial saúdo.

BENVIDOS E BENVIDAS AO NOVO CURSO 2024-2025!

O profesorado do CEIP San Francisco Javier quere darvos a benvida a este novo curso.

Desde o luns, díade setembro o centro permanecerá aberto en horario de mañá, aínda que estamos a organizar o novo curso que comeza o  vindeiro mércores día 11 de setembro.

Aproveitamos a ocasión para comunicarvos que a entrega de vales para a adquisición de material escolar reanudarase a partir do día 2 de setembro, en horario de 10 a 12 horas.

Asimesmo, a entrega dos libros de texto do Fondo Solidario ás familias beneficiarias  realizarase o venres 6 d esetembro  de 11-12 horas da mañá no patio cuberto do centro. Se algunha familia non pode acudir a recollelos ese día, entregaránselle os libros ao alumnado nos primeiros días de clase.

 

BOLSAS MUNICIPAIS DE COMEDOR CURSO 2024-2025

 

Listaxes definitivas:

Publicada con data do 30/08/2024 as listaxes definitivas de Becas comedor do Concello de A Coruña e resolución de alegacións. Consultar no Taboleiro da sede electrónica do Concello.

 

Recibíuse do Concello a seguinte comunicación:

Hoxe, 6 de agosto de 2024 publicouse no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, a listaxe provisional de concesión e denegación das solicitudes da convocatoria de bolsas municipais de comedor para o curso 2024/2025. Os listados identificarán as solicitudes atendendo ao número de expediente asignado.

                                                                

Pódense consultar en:

 

-          Taboleiro de edictos

https://sede.coruna.gal/opensiac/action/infopublica?method=view&id=21162

 

-          Páxina web de servizos sociais

 https://www.coruna.gal/serviciossociales/es/inicio/noticias/detalle-noticias/propuesta-de-resolucion-provisional-de-la-convocatoria-de-becas-comedor/suceso/1453872876018

 

As persoas propostas como beneficiarias e segundo o establecido no punto 7.1 das bases reguladoras para gozar da bolsa comedor, deben realizar as xestións oportunas co provedor ou entidade xestora do servizo de comedor para ter asignada, ao comezo do curso escolar (setembro), unha das prazas dispoñibles para a prestación deste servizo nun centro escolar do termo municipal na modalidade presencial e con asistencia continuada de luns a venres.

As persoas interesadas poderán facer alegacións do 7 ao 21 de agosto (ambos os incluídos), as cales se poderán presentar en calquera dos rexistros municipais, na sede electrónica do Concello da Coruña ou por calquera outro medio previsto no artigo 16.4 da lei 39/2015 de 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas

LISTAXE DEFINITIVA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL

Con data do 5 de xullo publícanse as listaxes definitivas de persoas beneficiarias de libros de texto do Fondo Solidario e axudas para adquisición de material escolar.

As persoas interesadas poden acceder aos seus datos na aplicación Fondo Libros coa chave 365 ou certificado dixital.

A entrega de vales e libros ás persoas beneficiarias realizarase con carácter xeral no mes de setembro.

Poderanse recoller vales o día 9 de xullo en horario de 10:00 a 13:00 h na secretaría do centro. Só se entregarán vales ás persoas solicitantes, coa debida acreditación de identidade.

 

AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024-2025

PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE SOLICITUDES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS

Estes listados publícanse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do recinto escolar

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital.

As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días hábiles seguintes ao da publicación da listaxe provisional: Días 3 e 4 de xullo, de forma presencial no centro educativo.

Horario de atención ao público: de 10:00 a 12:00 horas.

REUNIÓN FAMILIAS DE ALUMNADO DE 3 ANOS

O vindeiro mércores día 26 de xuño, ás 11:00, terá lugar no Salón de Actos do centro unha reunión coa Dirección e Profesorado de Educación Infantil cos pais/nais/titores do alumnado de novo ingreso, que para o vindeiro curso 2024-2025 estarán escolarizados en 4º curso de Educación Infantil (Educación infantil 3 anos).

Contamos coa súa asistencia!

Asimesmo, lembramos que o prazo de matrícula está aberto desde o 20 ata o 30 de xuño.

Distribuir contido


by Dr. Radut