Skip to Content

Proposta de actividades para o verán:

 

Ola rapaces/rapazas! Primeiro dicirvos que esperamos que pasedes unhas vacacións de verán espectaculares e, aínda que moitos plans víronse cancelados, fagades moitas cousas que sexan igual de interesantes!

Nós, os titores, queremos darvos unha serie de recomendacións para pasar as vacacións un pouco máis entretidos e.....tranquilos! Que non todo van a ser deberes! ;D

 

1-    

“Memorias dunhas vacacións pandémicas”: Que vos parece escribir un diario con todo o que vos pasa durante as vacacións? Debedes escribir como mínimo medio folio e, polo menos, cada 2 días (senón se nos esquecen as cousas).

 

2-    

“Lecturas veraniegas”: Que mellor que pasar o tempo lendo un bo libro, nós recomendamos: “El asesinato de la profesora de Lengua”(Jordi Sierra); “O segredo do lagarto Arnal” (Andrea Maceiras); “Harry Potter y el legado maldito” (obra de teatro para o final da historia, J.K. Rowling); “A señora Bubble” (Ledicia Costas); “Esmeraldina a nena defunta” (Ledicia Costas); “A filla do ladrón de bicicletas” (Teresa González Costa) entre outros moitos!

 

3-    

Cinéfilos/as: Unha noite de cine e palomitas nunca é un mal plan! Unhas pelis que recomendamos: “Regreso al futuro I, II e III”“Monstruos S.A”, A saga de “Toy Story”; “Indiana Jones”; “Las Crónicas de Narnia”; “Avatar”; Películas de Marvel o de Superhéroes...

 

4-    

Cadernos de traballo: Tampouco está mal traballar un pouquiño todos os días, así que tamén recomendamos traballar con algún caderno de vacacións (calquera editorial é válida, a que máis vos guste). Dende inglés, recoméndanos “Oxford Holiday English 5th”.

 

5-    

Escoitar a música que máis vos guste. Ou descubride a música de alguén que non coñezades e desfrutádea.

 

6-    

Convértete nun artista: Pinta un cadro espectacular, debuxa graffitis, aprende a tocar un instrumento (ou inténtao), debuxa cadros famosos ao teu propio estilo...

 

7-    

Fai exercicio sempre que poidas. Practica o deporte que máis che guste, ou proba deportes novos. O ano que ven hai Olimpíadas en Tokio, nunca se sabe se te pode tocar a ti ir!

 

8-    

Comparte as túas aventuras. Fai videochamadas con amigos/as, envía emails a compañeiros/as e familiares, cóntalle a quen che apeteza todo o que estás a facer!

 

Tedes 82 días de verán! Son un total de 82 aventuras que vivir! Esperámosvos á volta campeóns/as!



page | by Dr. Radut