Skip to Content

CIRCULAR ENTROIDO

CAMPAÑA SOLIDARIA BANCO DE ALIMENTOS RÍAS ALTAS

Un ano máis o CEIP San Francisco Javier colaborou co Banco de Alimentos Rías Altas na campaña solidaria de recollida de alimentos para as persoas mais necesitadas e vulnerables da área metropolitana. 

Queremos agradecer a todas as familias participantes a vosa colaboración, xenerosidade e solidaridade que contribuirá a atender ás persoas máis desfavorecidas. 

O Banco de Alimentos trasládanos o seu agradecemento polo compromiso solidario do noso centro e envíanos o albarán da recollida do noso centro, que publicamos en arquivo adxunto.

 Un grupo de alumnas e alumnos fixo a entrega simbólica en representación de todo o centro.

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

O luns 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. 
Desde o CEIP San Francisco Javier queremos promover a paz nas relacións cos demais.
O alumnado elaborou nubes con mensaxes con desexos de paz, de tolerancia, de igualdade e de solidaridade;  leu un manifesto e cantou unha canción que expresan a necesidade dunha sociedade que fomente o valor da paz.
Agradecemos ao alumnado o entusiasmo e ao profesorado a colaboración neste día.
 

COMEZAMOS CO PROGRAMA TEI

Esta semana comezamos o programa TEI (Titoría entre iguais) co alumnado de 3º e 5º de Primaria. Cada rapaz e rapaza coñeceu á parella que lle acompañará ao longo de todo o curso e realizaron a primeira actividade xuntos. Foi un éxito!

 

CONSERVATORIO DE MÚSICA. XORNADAS DE PORTAS ABERTAS.

Desde o CMUS Profesional de Música de A Coruña convidan aos nenos e nenas a coñecer de preto o Conservatorio e os distintos instrumentos que nel se poden estudar.
Para elo celebrarán unhas xornadas de portas abertas durante o mes de marzo. Animádevos a visitalo!.

ACTIVIDADE ALERTA POLICÍA.

O alumnado de 5° e 6° de Educación Primaria asistiu a unha formación sobre ciberseguridade enmarcada dentro do Plan Director do centro.

Un policía nacional explicou como ser conscientes dos perigos que existen e tamén a aplicar cautela para poder previlos.

ADMISIÓN ALUMNADO. RESERVA DE PRAZA IES (6º EP)

Informamos de que se abre o prazo para a reserva de praza no centro de adscrición para o curso 2023-2024.

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o vindeiro 16 de xaneiro de 2023 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

  • O prazo de solicitude abarcará do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro do 2023, ambos incluidos.
  • Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/).

Normativa de aplicación:

Orde do 21 de Outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, ese regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

Decreto 13/2022 do 3 de febreiro polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

BO NADAL E FELIZ 2023!!

A Comunidade Educativa do San Francisco Javier, quere desexarvos un Bo Nadal e Feliz 2023!!!

Grazas a todas as alumnas e alumnos que participastes cas vosas postais, e que hoxe se ven representadas por  Noa, Miguel,Sara e Néstor !!!

 

CIRCULAR INFORMATIVA: ENTRADAS E SAÍDAS 2023

CIRCULAR INFORMATIVA ENTRADAS E SAÍDAS 2023

Distribuir contido


by Dr. Radut