Skip to Content

Extraescolares e complementarias

ACTO DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

 

Estimadas familias

Mañá dia 30 de xaneiro celebraremos no centro o día da Paz e Non Violencia. 

O acto terá lugar no Pavillón polideportivo San Francisco Xabier, está aberto á comunidade educativa, polo que as familias quedan invitadas a presencialo.

As portas do pavillón abriranse ás 12:15 h para aquelas familias que poidan acudir.

Reciban un cordial saúdo

 

                                                                                      

              

 

 

VISITA DO DEPORTIVO LICEO HOCKEY SOBRE PATÍNS

Esta semana puidemos contar coa presenza de xogadores do club máis laureado de Galicia, o Deportivo Liceo de Hockey Patíns, onde o alumnado de 3º e 5º de EP recibiron dentro da materia de EF unhas nocións básicas sobre o deporte do stick. Para iso contamos coa presenza dos irmáns Di Benedetto e Facundo Bridge, que nos ensinaron a coller o stick e a lanzar a bola, entre outras moitas cousas. Ademais foron entrevistados polas nenas e nenos, que descubriron o esforzo que supón chegar ao niveis máis altos do deporte. Esta colaboración do Deportivo Liceo encádrase dentro do seu programa educativo de fomento dos valores do deporte.

Recólle a noticia a prensa, máis información pinchando aquí.

Foi un pracer contar co Liceo no noso centro e oxalá que podamos seguir contando con eles nos vindeiros cursos.

Moitas grazas tanto aos xogadores como a xunta directiva do club que puxo todo tipo de facilidades.

 

 

VISITA DE ASOTRAME

Un ano máis, contamos ca visita  dos membros de ASOTRAME: Asociación de Galega de Trasplantados de Médula Ósea.

As rapazas e rapaces de 5º de EP, tiveron a oportunidade de recibir unha charla didáctica e informativa sobre un tema tan importante como este, desde unha perspectiva sensible e cercana,  e así poder coñecer a campaña que están a realizar.

No corredor da planta baixa do centro hai unha pequena exposición itinerante que informa e sensibiliza sobre a doación de médula ósea.

Esta exposición pode ser visitada, e se pinchades aquí, veredes unha pequena mostra da mesma.

Asimesmo, a asociación conta cun blog escolar onde recolle e publica os traballos realizados polo alumnado dos centros ós que acuden. Pinchando na seguinte ligazón pódese acceder ó mesmo.

Grazas á asociación, así como ós membros que acudiron ó colexio polo seu traballo e solidaridade.

 

 

 

Desde Asotrame agradecen a colaboración de todo o alumnado do centro, e envían a ligazón onde están publicados os traballos presentados polo alumnado do centro. Pinchar aquí

 

Bo Nadal !!

 

Desde o  CEIP San Francisco Javier

queremos desexar a todas as familias e membros da comunidade educativa un 

BO NADAL 2019 E UN VENTUROSO ANO 2020!!!

 

                                                          

 

 

Os nenos e nenas non son os cidadáns do futuro, senon  que son os cidadáns de hoxe(Francesco Tonucci)

 

PLENO INFANTIL

O mércores día 20 de novembro,  celebrouse un Pleno Infantil no Concello de A Coruña en colaboración con UNICEF COMITÉ Galicia,  con motivo da celebración  do 30 aniversario da Convención dos Dereitos do Neno.

O acto estivo presidido pola Exma. Alcaldesa da Coruña, Dona Inés Rey, acompañada do Concelleiro de Educación D Jesús Celemín.

Ó pleno acudiron  varios centros da cidade, entre eles o noso, o CEIP San Francisco Javier, onde un grupo de alumnos e alumnas de 6º de EP, representaron ós seus compañeiros e compañeiras , expoñendo un manifesto onde reclamaron un dos dereitos recollidos na Convención dos Dereitos do neno, o dereito a participación,  no que aportaron propostas para participar tanto no Concello como no noso colexio .

Queremos dar os parabéns a todas e a todos os participantes pola súa colaboración e esforzo. 

Asimesmo, sinalar que hoxe varios medios de comunicación recollen o acto. Deixamos as ligazóns para ter máis información do mesmo. 

Concello de A Coruña

La Opinión Coruña

La Voz de Galicia

Quincemil

 

             

          

                              

DÍA MATEMÁTICO

O pasado 13 de maio  celebramos o día matemático no colexio. Foi un día especial, fantástico e lúdico, no que as matemáticas se convertiron nas protagonistas.

As actividades , xogos e retos foron do máis diverso, desde máquinas de sumar,  de descomposición, dominós e florminós (dominó dentro da flor), tangrams, retos e pistas, dianas matemáticas, dados xigantes, figuras xeométricas, taboeiros de multiplicacións, xogos de cifras,e moitos máis, a mayoría deles creados polo alumnado.  

O éxito foi rotundo, ata o punto de que xa nos tarda celebralo de novo!!

Queremos agradecer a todo o profesorado e alumnado a súa participación e colaboración, que fixeron posible unha xornada tan especial.

 

 

III CONCURSO DE BANDA DESEÑADA

Desde o EDLG convocouse a III CONCURSO DE BANDA DESEÑADA.

Queremos agradecer a gran acollida e participación de todo o alumnado e profesorado, así como dos membros do equipo.

A calidade dos traballos foi fantástica, e aquí deixamos unha mostra dos mesmos. 

Parabéns a todos os participantes e en especial ós premiados e premiadas !!!

ENTROIDO 2019

Hoxe celebramos o entroido no San Francisco Xabier.

Foi un día animadísimo!!!  Aproveitamos o noso proxecto da Biblioteca e de centro  “A CONVIVENCIA”  como temática de entroido. Cada nivel, elexiu a profesión que considera importante e que contribúe positivamente a favorecer convivencia na sociedade.  De repente, convertímonos en doutores e doutoras, bombeiros e bombeiras, cociñeiros e cociñeiras (chefs!!), policía local, científicos/científicas, periodistas,  voluntarios e voluntarias  da cruz vermella, xuíces e xuízas, e incluso a unidade militar de emerxencias,…

Saímos todas as comparsas e fixemos un pasarrúas, para rematar cun desfile festeiro no colexio e celebramos o I Certame de Poesía Retranqueira.

Foi un día xenial!!!

Queremos agradecer a colaboración de todo o profesorado, alumnado, familias, ANPA, Protección Civil, e de Luis Ramas, quen aporta todo o seu tempo e saber para que o son sexa sempre perfecto!!

Pódese ver unha pequena mostra do pasarrúas pinchando aquí 

ACTO ENTREGA DIPLOMAS TEI

 

Hoxe foi un día especial, distinto e moi importante para todas as persoas que formamos parte da comunidade educativa do CEIP San Francisco Xabier, pero  de forma singular para o alumnado de 3º e 5º de EP, quenes recibiron os diplomas que os acreditan como titores/as, titorizados/as do programa de Titoría entre Iguais.

 

Somos un centro que participamos no programa TEI (Titoría Entre Iguais) cuxo obxectivo fundamental é favorecer a CONVIVENCIA, ó mesmo tempo que se traballan as relacións sociais, resolución pacífica de conflictos,  prevención do acoso escolar, e TOLERANCIA CERO a calquera tipo de violencia, ao que se une o fomento de valores como repecto, empatía, compañeirismo, comprensión, confianza, empatía….

O acto tivo lugar na Sala de Usos Múltiples do centro, e acompañáronnos representantes do goberno local, de educación e do mundo do deporte.

  • Exmo. Sr. Alcalde D Xulio Ferreiro
  • Inspector Xefe D Fermín Álvarez Lata
  • Concelleira de Servicios Sociais Dona Silvia Cameán
  • Director do CFRD Emilio Veiga
  • Representantes do Deportivo,Ramón Piña e as dúas xogadoras: Peque e Kika
  • Representantes da ANPA: Laura e Lisi.

Queremos agradecer a todos a súa participación no acto, e en especial, ó equipo docente quen, ca súa colaboración, implicación e compromiso , fan posible levar adiante este programa.

 

Hoxe o periódico La Opinión faise eco da noticia, pincha aquí para acceder á mesma.

 

 

MATEMATÍZATE

Un ano máis o alumnado do CEIP San Francisco Javier participa en MATEMATÍZATE, actividade na que aprendemos Matemáticas de xeito lúdico e divertido, potenciando o inxenio e resolvendo problemas de forma lúdica e divertida.

Un grupo de alumnos/as convertirase en monitores dos seus compañeiros e compañeiras, cas propostas Ana, quen con distintos xogos logra convertir as matemáticas en fantásticos  retos e aventuras.

Unhas auténticas mate divertidas!!

Distribuir contido


by Dr. Radut