Escolares

DÍA MATEMÁTICO

O pasado 13 de maio  celebramos o día matemático no colexio. Foi un día especial, fantástico e lúdico, no que as matemáticas se convertiron nas protagonistas.

As actividades , xogos e retos foron do máis diverso, desde máquinas de sumar,  de descomposición, dominós e florminós (dominó dentro da flor), tangrams, retos e pistas, dianas matemáticas, dados xigantes, figuras xeométricas, taboeiros de multiplicacións, xogos de cifras,e moitos máis, a mayoría deles creados polo alumnado.  

O éxito foi rotundo, ata o punto de que xa nos tarda celebralo de novo!!

Queremos agradecer a todo o profesorado e alumnado a súa participación e colaboración, que fixeron posible unha xornada tan especial.

 

 

III CONCURSO DE BANDA DESEÑADA

Desde o EDLG convocouse a III CONCURSO DE BANDA DESEÑADA.

Queremos agradecer a gran acollida e participación de todo o alumnado e profesorado, así como dos membros do equipo.

A calidade dos traballos foi fantástica, e aquí deixamos unha mostra dos mesmos. 

Parabéns a todos os participantes e en especial ós premiados e premiadas !!!

ACTO ENTREGA DIPLOMAS TEI

 

Hoxe foi un día especial, distinto e moi importante para todas as persoas que formamos parte da comunidade educativa do CEIP San Francisco Xabier, pero  de forma singular para o alumnado de 3º e 5º de EP, quenes recibiron os diplomas que os acreditan como titores/as, titorizados/as do programa de Titoría entre Iguais.

 

Somos un centro que participamos no programa TEI (Titoría Entre Iguais) cuxo obxectivo fundamental é favorecer a CONVIVENCIA, ó mesmo tempo que se traballan as relacións sociais, resolución pacífica de conflictos,  prevención do acoso escolar, e TOLERANCIA CERO a calquera tipo de violencia, ao que se une o fomento de valores como repecto, empatía, compañeirismo, comprensión, confianza, empatía….

O acto tivo lugar na Sala de Usos Múltiples do centro, e acompañáronnos representantes do goberno local, de educación e do mundo do deporte.

  • Exmo. Sr. Alcalde D Xulio Ferreiro
  • Inspector Xefe D Fermín Álvarez Lata
  • Concelleira de Servicios Sociais Dona Silvia Cameán
  • Director do CFRD Emilio Veiga
  • Representantes do Deportivo,Ramón Piña e as dúas xogadoras: Peque e Kika
  • Representantes da ANPA: Laura e Lisi.

Queremos agradecer a todos a súa participación no acto, e en especial, ó equipo docente quen, ca súa colaboración, implicación e compromiso , fan posible levar adiante este programa.

 

Hoxe o periódico La Opinión faise eco da noticia, pincha aquí para acceder á mesma.

 

 

Xornada deporte adaptado

 

O martes 12 de febreiro,  o alumnado de 6º de EP participou nunha xornada formativa e deportiva de sensibilización sobre a diversidade funcional da man de Enki : un proxecto que promove a inclusión e visibilizacion dos colectivos e persoas con diversidade funcional, a través do deporte e o ocio.

 Coñeceron de primeira man historias persoais de superación e loita de deportistas con discapacidade, xogaron e realizaron actividades deportivas,  logrando ver a diversidade funcional como un acto de admiración e normalización.

 Tras a charla e presentación inicial cos deportistas,  tivo lugar a Actividade “Ponte no meu lugar”, onde puideron practicar tenis adaptado, handbike, fútbol a cegas e baloncesto en cadeira de rodas.

 Queremos agradecer a presenza dos deportistas, que lograron sensibilizar  ó noso alumnado en valores como a capacidade de superación, coñecer e vivenciar o deporte adaptado como medio de inclusión da discapacidade.

Educación vial: unha multa, unha flor

As alumnas e alumnos de 5º de EP do noso colexio participaron nunha iniciativa de educación vial : Unha multa, unha flor.

Esta actividade desarrollada pola sección de Tráfico da Policía local e dirixida por Silvia Castro, ten como obxectivos fomentar a mobilidade sostible e a actuación correcta de peóns e conductores.

Os nosos rapaces e rapazas saíron á rúa a observar as distintas actuacións, e non dubidaron en premiar con flores de papel (feitas por eles mesmos) cando as persoas realizaban accións sostibles, ou en cursar denuncias ficticias cando  consideraban que había unha infracción.

A actividade foi un éxito, tanto polo valor en educativo como polo entusiasmo que mostrou o alumnado.  Queremos agradecer a Silvia a súa implicación, que contribuiu ó éxito da actividade.

A noticia pulicouna La Opinión de A Coruña e pódese consultar  pinchando aquí

Día da Paz e Non Violencia

 

Hoxe celebramos no noso centro o Día Escolar da Paz e Non Violencia.

Trátase dunha data especial, onde lembramos a necesidade da educación para a tolerancia, a solidaridade, o respeto ós Dereitos Humanos , a non violencia e a paz.

O acto foi entrañable e emotivo, participando toda a comunidade educativa: alumnado, familias, persoal docente e non docente,…

Comezou ca lectura  dun manifesto pola Paz,  mensaxes  e cantamos unha canción en Lingua de Signos, finalizamos ca entrega dos xoguetes que tan xenerosamente donastes a María, a representante da ONG “Miradas ó Mundo”

Queremos agradecer a colaboración  a todo o profesorado e membros da Comunidade Educativa .  

Pódese acceder a unha galería de fotos do acto pinchando aquí.

La Opinión de A Coruña recolle a noticia, pódese acceder pinchando  na seguinte ligazón : https://www.laopinioncoruna.es/multimedia/fotos/a-coruna-metro/2019-01-30-149960-alumnos-colegio-francisco-javier-participan-actos.html

E tamén no seguinte enlace: https://www.laopinioncoruna.es/multimedia/videos/a-coruna-metro/2019-01-30-164674-comunidad-escolar-celebra-violencia.html

 

 

 

 

REUNIÓN PROGRAMA TEI. TITORÍA ENTRE IGUAIS

https://lh4.googleusercontent.com/AkCZpRCD0T_zuVwEx15vL-6q7s4MEndN59Y9qj2CHALc7cmmKLHiujoNE4ToNwBOHnNa93zeZrHPGJblKocwkt5rgvNKtvBAXiTpJNqvbTrmcnRa5GK_q_r9yb9x2cXpxKaYchzB

Por segundo curso, participamos no proxectoTEI, programa de Titoría Entre Iguais, que se caracteriza por ser unha estratexia preventiva de participación e intervención na convivencia no centro.

Entre os obxectivos do programa figuran facilitar o proceso de integración do alumnado, previr as situacións de acoso escolar, favorecer a autoestima e diminuir a inseguridade, de espazos e organización descoñecidas, integrando a TOLERANCIA CERO no centro.

Este ano incorporaránse os novos grupos de 3º e 5º de EP, e continuarán os de 4º e 6º EP. 

Dada a importancia do programa, invitamos ás familias do alumnado destes niveis á reunión informativa  sobre o mesmo, que terá lugar, o vindeiro luns 21 de xaneiro, ás 18:00 horas no Salón de Actos  do colexio.

Visita ASOTRAME

ASOTRAME

Un ano máis, contamos coa visita  dos membros de ASOTRAME: Asociación de Galega de Trasplantados de Médula Ósea.

As rapazas e rapaces de 5º de EP, tiveron a oportunidade de recibir unha charla didáctica e informativa sobre un tema tan importante como este, desde unha perspectiva sensible e cercana,  coñecer a campaña que están a realizar.

No corredor da planta baixa do centro deixaron unha pequena exposición itinerante que informa e sensibiliza sobre a doación de médula ósea.

Esta exposición pode ser visitada, e se pinchades aquí, veredes unha pequena mostra da mesma.

Grazas á asociación, así como os membros que acudiron ó colexio polo seu traballo e solidaridade.

 

 

BO NADAL 2018 !!!

                                                                                           

 

        Autora Postal: Sara Mboudou Vilas (6ºA)

 

A Comunidade Educativa do CEIP San Francisco Xabier

deséxalles un  Bo Nadal e un Feliz Ano 2019 

 

(BO NADAL 2018... FELIZ NAVIDAD 2018...MERRY CHRISTMAS 2018...) 

 

"O Nadal ... non é un acontecemento, senon unha parte do seu fogar que un leva sempre no seu corazón" (Freya Stark)

 

 

Queremos agradecer a todos os alumnos e alumnas a súa participación na elaboración e diseño das postais de Nadal, e dar os parabéns a Sara Mboudou Vilas (6ºA) cuxa postal foi seleccionada dentro do concurso de Postais de Nadal para a felicitación de 2018

 

III CONCURSO DE RELATOS: NO MAGOSTO UNHA AVENTURA

Desde o EDLG convocouse a III CONCURSO DE RELATOS: NO MAGOSTO UNHA AVENTURA

Queremos agradecer a gran acollida e participación de todo o alumnado e profesorado, así como dos membros do equipo. A calidade dos traballos foi fantástica, e aquí deixamos unha mostra dos mesmos. 

Parabéns a todos os participantes e en especial ós premiados e premiadas !!!

 

Distribuir contido