Skip to Content

Inicio do procedemento de admisión de alumnado para o curso 2024/2025

Publícase hoxe no Portal Educativo da Xunta de Galicia o inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros públicos para o vindeiro curso 2023-24, co inicio da fase de reserva de prazas en centros de adscrición.

No caso do noso centro, diríxese ao alumnado que actualmente cursa 6º de Primaria e desexe reservar praza para cursar 1º ESO no IES Monelos, que é o noso centro de adscrición.

Máis información: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42051

 

O próximo día 15 de xaneiro de 2024 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2024, ambos incluídos.

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán o día 22 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)

 

NADAL NO CEIP SAN FRANCISCO XABIER

NADAL 2023

No Ceip San Francisco Xabier encántanos o Nadal. Decorar os corredores, facer manualidades, enviarnos cartas entre compañeiros e compañeiras, recoller alimentos para as persoas que máis o necesitan, elaborar simpáticas postais e envialas ás persoas que máis queremos e tamén, como non, a aquelas que nestas datas necesitan que lle fagamos chegar a nosa alegría e ilusión.

 Este ano tamén decoramos dun modo especial a nosa árbore. Elaboramos os nosos propios adornos cunha sorpresa especial; un código qr co que podiamos escoitar diferentes cancións de nadal gravadas polo noso alumnado.

 

 

Compartimos con toda a comunidade educativa parte deste fermoso traballo. Podedes escoitar as diferentes cancións pulsando no nome  de cada aula.

  

        4º EI A                                                  6º EI B                                                  3º A

        4º EI B                                                  1º A                                                      3º B

        5º EI A                                                  1º B                                                      3º C

        5º EI B                                                  2º A                                                      5º A

        6º EI A                                                  2º B                                                      6º B                                   

 

Igualmente deixámosvos unha pequena mostra de todo o noso traballo con esta videomontaxe.

           

 

Desde o Ceip San Francisco Xabier desexámosvos a todas e todos que pasedes estas datas con toda a ilusión e alegría que os nosos pequenos e pequenas demóstrannos cada Nadal.

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O NADAL

O Equipo de Biblioteca do centro quere trasladar ás familias unhas recomendacións de lecturas para o Nadal.

 

FELICES FESTAS EN FAMILIA!!

BO NADAL E FELIZ ANINOVO

A comunidade escolar do CEIP SAN FRANCISCO JAVIER abre as portas a un 2024 cheo de bos desexos...

BO NADAL E FELIZ ANINOVO!!  (Preme na imaxe)

AVALIACIÓN DO ALUMNADO E INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS

Estimadas familias:


Informamos que, seguindo o Protocolo de Protección de Datos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia, a partir deste curso 2023-24 as cualificacións do alumnado, consideradas como datos persoais, serán enviadas a través do ABALAR para garantir a confidencialidade destes datos.

Soamente, de forma excepcional este primeiro trimestre, a causa de problemas informáticos, o alumnado de Educación Infantil levará un boletín informativo impreso para as familias. Cada alumno/a de Educación Infantil levará un só boletín por familia. Aquelas familias que desexen un boletín impreso das cualificacións do seus fillos/as deberán solicitalo na administración do centro por escrito. Estes boletíns entregaranse en man á familia solicitante.

25N-CHEAS DE VIDA... CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Deste modo alza a voz a nosa comunidade escolar contra a violencia de xénero, cantando...CHEAS DE VIDA!!

Para ver video, PINCHA NA IMAXE DE ABAIXO

 

CHARLAS DO PLAN DIRECTOR

Con motivo do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, recibimos no noso centro a Abraham, un Policía Nacional que veu falar sobre ese tema tan importante ao noso alumnado de 5º e 6º.

 

MAGOSTO DO COLEXIO

O venres 10 de Novembro imos celebrar un Magosto no colexio durante a xornada escolar, no que o alumnado participará en xogos e actividades organizados polo profesorado.

Ademáis virá un castañeiro e comeremos as castañas nunha xornada de convivencia que seguro nos fará disfrutar a todas e a todos.

OBRAS NO CENTRO. CIRCULAR INFORMATIVA A FAMILIAS

Informámosvos de que a Consellería vai dar comezo o vindeiro luns día 13 de Novembro, ás obras de instalación do ascensor e de adaptación dos baños do alumnado.

Estas obras obrigan a reorganizar, de forma provisional mentres non se rematen, algúns aspectos do funcionamento do centro.

Afectarán a todas as plantas e en especial ás escaleiras da zona esquerda (a máis próxima ao comedor) e aos baños do alumnado (de nenos) así como o cambiador, que quedarán provisionalmente inutilizados.

As medidas de reorganización que atinxen ás familias relaciónanse coas entradas e saídas e recóllense na Circular adxunta.

Lembramos que as obras, aínda que sempre supoñen algunha molestia:

- Vanse realizar con garantías de seguridade do alumnado.

-Son necesarias para adecuar as instalación á normativa de accesibilidade.

-Van mellorar as instalación e o benestar do alumnado.

 Polo tanto, pedímosvos paciencia e colaboración.

 

Convocatoria Bolsas Comedor Municipais curso 2023-2024- Resolución definitiva

Onte 09 de outubro de 2023 publicáronse no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, as listaxes definitivas que se acompañan coa Resolución de concesión de axudas para o pagamento de comedores escolares no curso 2023-2024.

Máis información no arquivo adxunto. 

Distribuir contido


by Dr. Radut